O PP denuncia que o BNG pretende facer campaña para as autonómicas cos cartos dos veciños de Poio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que o BNG pretende facer campaña para as autonómicas cos cartos dos veciños de Poio

     

    • A popular Nati Torres desvela que o acto da “Matria Galega”, no que participan os números 1 e 2 do BNG e un deputado nacionalista, vaise facer sen pasar pola comisión de Cultura nin informar dos gastos, pese a que o anunciaron o día seguinte da comisión.
    • Torres recordou que no pacto de goberno do Tripartito anunciaron que “por transparencia” todos os asuntos pasarían polas respectivas Comisións con suficiente antelación, «e resulta que no primeiro evento que organiza o Concello xa empezan con ocultismo».
    • O PP pedirá explicacións no pleno municipal e preguntará se, neste asunto, PSOE e Avante Poio apoian a forma de proceder do BNG, «sen planificación, sen transparencia e utilizando o Día de Galicia para facer un mitin do BNG cos cartos de todos».

     

    20 de xullo de 2019. A concelleira do PP de Poio e voceira da formación na comisión municipal de Cultura, Nati Torres, denunciou este sábado que, cos actos programados para o “Día da Matria”, o BNG de Poio pretende «facer campaña para as autonómicas do ano que ven cos cartos dos veciños», utilizando o Día de Galicia como excusa para facer un mitin do BNG, e aínda por riba con ocultismo, sen planificación, e incumprindo o “compromiso de transparencia” do Tripartito cando apenas pasou un mes desde que Luciano Sobral foi investido alcalde.

    Torres indicou a súa sorpresa e a súa decepción despois de que na Comisión Informativa de Cultura deste mércores, presidida por Silvia Díaz, o goberno so levara un punto relativo a unha obra de teatro pese a que é a última comisión ata mediados de setembro –en agosto non se celebran comisións-, polo que está por diante todo o verán, con actos e eventos de todo tipo, e non levaron nada nin informaron de nada: «Cal será a nosa sorpresa cando ao día seguinte da comisión anunciaron oficialmente os actos da “Matria Galega”».

    Torres recordou que a presidenta da Comisión de Cultura é precisamente a concelleira de Avante Poio, Silvia Díaz, que teoricamente esixiu para formar goberno medidas de “transparencia, rexeneración, control da xestión...” e «resulta que o día despois da primeira comisión do mandato xa nos atopamos co mesmo ocultismo e falta de claridade que co Bipartito, xa que o acto vaise celebrar sen informar, sen dar conta dos gastos, sen nada».

    Para a popular, o feito de que o acto non pasase pola comisión presidida por Silvia Díaz e coa presenza do resto dos grupos é unha demostración de que é un acto do BNG disfrazado de acto institucional, máxime cando as únicas intervencións previstas son as do número 1 e a número 2 do BNG de Poio, Luciano Sobral e Marga Caldas, e o deputado autonómico do BNG “Mini” Rivas.

    Por este motivo, os populares preguntarán no Pleno municipal deste mes, se PSOE e AVANTE Poio están de acordo coa forma de proceder do BNG neste asunto. Torres adiantou que lle preguntará a Silvia Diaz se dá o seu apoio a organizar un acto que non pasou por Comisión informativa de Cultura, sendo ela mesma a presidenta da comisión, e tamén «se a esto se refería cando asumiu na firma do pacto de goberno “un compromiso firme coa transparencia e a xestión racional e eficiente dos recursos” e anunciou que “por transparencia” todos os asuntos pasarían polas respectivas Comisións con suficiente antelación, «e resulta que no primeiro evento que organiza o Concello xa empezan con ocultismo».

    Torres subliñou que «no Partido Popular, como primeira forza en Poio e en Galicia, somos os primeiros en defender e celebrar o 25 de xullo, e por iso mesmo sabemos que o Día de Galicia é de todos, e non propiedade dos nacionalistas para que o BNG de Poio faga un acto de partido cos cartos dos veciños».

    Torres non quixo deixar pasar a oportunidade de reiterar que «cambiamos de 2 alcaldes a 3 pero seguimos igual: sen planificación, sen transparencia e sen pasar os temas por comisión informativa» por máis que anunciaran o contrario: «Eles mesmos amosan que o unico que lles interesaba para formar o pacto de goberno eran os seus soldos».

     

Add comment


Security code
Refresh