O PP denuncia que para o Tripartito, a mobilidade, a seguridade vial ou investir en Raxó «non é urxente»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que para o Tripartito, a mobilidade, a seguridade vial ou investir en Raxó «non é urxente»

    • O Tripartito votou en contra da urxencia da moción presentada polo PP para a construcción do vial que une Leopoldo Novoa coa rotonda de Rabo de Porco, responsabilidade do concello de Poio.
    • Rocío Cochón recorda que a urxencia se debe a que en Agosto non hai sesión plenaria e a obra da Xunta estará rematada en outubro, polo que como sempre «o que queda sen facer é o que depende do Tripartito, como antes co Bipartito».
    • Está claro que os veciños de Raxó seguen a ser castigados polo Tripartito, que non tén ningún interese en Raxó, en cumprir os seus compromisos nin en amosar un mínimo de lealdade institucional».

     

    18 de xullo de 2019. O PP de Poio presentou onte en Comisión de facenda, unha moción urxente para garantir a execución por parte do Concello de Poio da conexion pendente coa rúa Leopoldo Novoa en Raxó, que corresponde urbanizar á administración municipal. BNG, PSOE e Silvia Díaz, de Avante Poio, votaron en contra da urxencia de este asunto, de vital importancia para Raxó, o que previsiblemente impedirá a súa aprobación antes de que remate o verán.

    Para a concelleira do PP Rocío Cochón, con esta decisión do Tripartito demostra un desinterese absoluto pola mobilidadre, a seguridade vial e os investimentos en Raxó, e recordou que mentres a Xunta expropiou os terreos para tentar axilizar a parte do Concello de Poio, e está a piques de rematar unha actuación de 4 millóns de euros (dentro dun investimento total de 6,5 millóns de euros no PO-308), «como sempre cando o deber de facer lle corresponde a Poio, sólo hai excusas e non se fai nada».

    Cochón indicou que as obras de mellora da seguridade vial e sendas peonís entre O Covelo e Raxó estarán practicamente rematadas ao 100% ao rematarán o verán, polo que se dá a lamentable circunstancia de que, a finais de setembro, «mentres a Xunta estará dando os últimos toques a un investimento millonario, o Tripartito nin sequera terá debatido a inclusión no orzamento dunha partida para facer fronte ás súas obrigas.

    Ademais da consignación á maior brevidade dunha partida para executar a tan necesaria conexión, a moción dos populares pide amosar o recoñecemento do pleno polas actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en distintos tramos da PO-308 para o desenvolvemento da seguridade vial, a mobilidade sostible e a mellora da vida de usuarios e veciños deste vial, en particular coas dúas actuacións próximas a finalizar, de dotación de sendas peonís e ciclistas e eliminación de puntos negros en Samieira e Raxó, así como as sendas, sometidas xa a información pública, desde Fontenla ata Samieira.

    Unhas actuacions que tanto o BNG como o PSOE venderon durante a campaña como propias, pero que a realidade é que se trata dunha inversión histórica de 6,5 millóns de euros da Xunta Galicia en Poio.

    «Pedimos que o goberno local garanta financeiramente o cumprimento dos seus compromisos cos veciños de Raxó e con todos os usuarios da PO-308 inmediatamente», subliñou Cochón: «Despois de casi 3 anos e 1 de execución, seguen atopando disculpas para non facer o que lles corresponde. Non nos sorprende: danos vergonza.

    Cochón, recordou que nestes 3 meses desde as eleccións, todo segue igual coa única diferencia de que hai 3 alcaldes: «O Concello de Poio segue endeudandose para pagar facturas no caixón da campaña electoral do Tripartito, pero non hai urxencia en cumprir os compromisos nin en investir en Raxó», unha parroquia que «segue sen existir para o Tripartito».

    Cochón non quixo deixar pasar a oportunidade de esixir a varios membros do goberno «un mínimo de respecto e lealdade institucional» despois da súa actuación bochornosa durante as visitas de Éthel Vázquez ás obras, e en xeral nas súas relacións con administracións, como a Xunta, que «a diferencia do concello, si cumpren cos veciños de Poio», e recordou ademais que mentres alcalde Luciano Sobral presentaba a construción do vial como unha realidade materializada en poucos meses, o Concelleiro de urbanismo Gregorio Agis natural da parroquia de Raxó, non fixo máis que poñer atrancos e dar largas: «Non existe un problema de cotas, senon un problema de vontade e de presuposto».

     

Add comment


Security code
Refresh