O Tripartito pedirá un préstamo de máis de 650.000 euros para pagar facturas que estaban no caixón

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Tripartito pedirá un préstamo de máis de 650.000 euros para pagar facturas que estaban no caixón

    • Os populares fan público que o Tripartito vai a endebedar á veciñanza de Poio, a 12 anos, ao pedir un préstamo a un banco por importe de 650.000€ máis intereses, para pagar facturas que teñen no caixón sen pagar.
    • «Non pode ser que o Tripartito non teña crédito para pagar facturas aos provedores e a causa disto, teñan que pedir un préstamo a un banco. Que falta de seriedade é esta? Esta é a rexeneración da que falaban cando constituíron o novo goberno? É a planificación da que tanto presumía certa persoa do goberno?
    • «Mentres temos cartos para pagar 3 Alcaldes con soldos idénticos, o Tripartito ten que endebedar aos veciños de Poio durante 12 anos para pagar facturas, isto non é normal, so pasa en Poio!»
    • Co Bipartito tiñamos unha débeda de máis de 5.800.000€ e co actual Tripartito, en vez de reducila, vaise incrementar a máis de 6 millóns e medio de euros nada máis comezar o mandato.

     

    17 de xullo de 2019. Os populares fan público que o Tripartito vai a endebedar á veciñanza de Poio, a 12 anos, ao pedir un préstamo a un banco por importe de 650.000€ máis intereses e así pagar facturas que teñen no caixón sen pagar. Aseguran que isto é un claro síntoma da falta de previsión e da improvisación continua a hora da xestión municipal do Tripartito.

    Durante a Comisión de Facenda celebrada esta maña, o Tripartito aprobou pedir este préstamo.

    En primeiro lugar, os populares destacan que os contratistas e provedores que traballan para o Concello de Poio teñen o dereito de ter a seguridade de que van cobrar e de que o gasto está previsto no orzamento: «Non pode ser que o Tripartito non teña cartos para pagar facturas aos provedores e a causa disto, teñan que pedir un préstamo a un banco. Que falta de seriedade é esta? Esta é a rexeneración da que falaban cando constituíron o novo goberno? É a planificación da que tanto presumía certa persoa do goberno? Isto é unha broma de mal gusto, teñen que respectar o traballo dos provedores e á veciñanza», indica o responsable en materia económica, Sergio Pereira.

    «Mentres temos cartos para pagar 3 Alcaldes con soldos idénticos, o Tripartito ten que endebedar aos veciños de Poio durante 12 anos para pagar facturas, isto non é normal, so pasa en Poio!», destaca Pereira.

    Pereira asegura que os veciños de Poio terán que pagar mais de 1 millón de euros en facturas a causa das cacicadas que fixeron para comprar votos antes das pasadas eleccións municipais.

    O popular indica que os investimentos teñen que preverse con anterioridade a efectuar o gasto como fai calquera familia en calquera fogar: «Seguro que as persoas que forman parte do Tripartito non endebedan a súa economía familiar para pagar facturas no caixón pero sen embargo no Concello si o fan», expresa Pereira.

    A propia interventora municipal manifestou “que o préstamo non está incluído no orzamento do 2019” o que supón, a xuízo dos populares, unha falta de previsión moi grave por parte do goberno actual xa que o orzamento aprobouse fai poucos meses e estamos falando dun préstamos de máis de medio millón de euros.

    Co Bipartito tiñamos unha débeda de máis de 5.800.000€ e co actual Tripartito, en vez de reducila, vaise incrementar a máis de 6 millóns e medio de euros nada máis comezar o mandato.

    Desde o PP fan unha reflexión: «resulta curioso que a nova alcaldesa de Meis queixábase por chegar ao Concello e atoparse só con 30.000€ en caixa –queixa que foi moi aplaudida por integrantes do PSOE e do BNG de Poio- pero e que se chegara ao noso Concello atoparía 6 millóns de débeda e 1 millón de facturas, no caixón, sen pagar».

    Xa sabemos a resposta do Tripartito: “o Concello sempre paga” pero iso non é desculpa xa que agora empezamos outro mandato arrastrando débedas e gastando sen ter cartos e estamos nun círculo perigoso porque os gastos que se están facendo na actualidade vanse pagar co próximo orzamento e así resulta imposible avanzar xa que xa ten as partidas esgotadas sen tan sequera estar aprobado o orzamento.

    Pereira conclúe expresando a tristeza porque todo segue igual en Poio, o Tripartito non cambia as prácticas nin costumes do anterior Bipartito ou o que é o mesmo Silvia Díaz fai o mesmo que facía Chelo Besada e Luciano Sobral en anteriores mandatos, so cambiaron 2 cousas: 2 alcaldes por 3 e 2 soldos por 3 idénticos, en resumo... máis gastos para os veciños e veciñas de Poio».

Add comment


Security code
Refresh