O PP de Poio solicita o acondicionamento dos lavadoiros de Fragamoreira e Raxó e a instalación dun punto de luz no parque infantil de Raxó

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio solicita o acondicionamento dos lavadoiros de Fragamoreira e Raxó e a instalación dun punto de luz no parque infantil de Raxó

    • Na comisión de urbanismo deste martes, o grupo popular trasladou ao goberno municipal as queixas dos veciños polo estado de ambos lavadoiros e a falta de iluminación na zona de xogos da rúa Leopoldo Novoa de Raxó.
    • A concelleira popular Rocío Cochón subliñou que o arranxo da pía de Fragamoreira, actualmente inutilizable, foi solicitado persoalmente ao alcalde polos propios veciños en reiteradas ocasións: «É evidente o desinterese do tripartito por solucionar os problemas de Poio ata o punto de que os veciños xa non saben que facer para ser atendidos»
    • Para os populares: «Cada día hai unha nova mostra de que co tripartito todo sigue igual que co Bipartito, excepto que pagamos un soldo máis. A deixadez é a mesma».

     

    16 de xullo de 2019. O grupo municipal do PP de Poio trasladou esta mañá á comisión informativa de urbanismo distintas demandas veciñais e solicitou ao tripartito que leve a cabo varias actuacións en diferentes puntos do concello.

    En primeiro lugar, a voceira do PP en materia urbanística, Rocío Cochón, solicitou o arranxo do lavadoiro público de Fragamoreira, que actualmente está nun estado de total abandono que impide a súa utilización.

    Cochón recordou que Fragamoreira non ten servizos básicos de saneamento, alcantarillado ou subministro de auga, polo que esa instalación tiña unha especial utilidade e foi moi usada mentres isto foi posible. En concreto, ao menos unha veciña deste núcleo utilizaba o lavadoiro todos os días ata que se viu obrigada a deixar de facelo.

    Actualmente, o lavadoiro está seco pola falta de mantemento e conservación do Concello, que deixou deteriorarse a presa e a instalación no seu conxunto ata tal punto, que os veciños temen que na próxima tempada de choiva o deterioro sexa irreparable, a pesar de que varios residentes da zona pediron persoalmente ao alcalde unha actuación urxente.

    Cochón tamén solicitou a limpeza e acondicionamento do lavadoiro do Camiño da Granxa, en Raxó, que actualmente está «cheo de basura e de verdín», e traslada unha imaxe lamentable, moi afastada do que o Partido Popular desexa para os seus veciños e visitantes de Raxó. O estado do lavadoiro impide a súa utilización e traslada unha sensación de abandono impropia dun lugar transitado e cunha gran afluencia de visitantes nesta época do ano.

    Finalmente os populares solicitaron ao goberno municipal a instalación dun punto de luz no parque infantil sito na rúa Leopoldo Novoa de Raxó, xa que «trátase dun parque moi frecuentado polos pequenos e apenas ten iluminación», algo que veciños e visitantes sufren especialmente nesta época do ano, cando os pequenos están máis tempo no parque cunha unica farola que ilumina a zona.

    Para Cochón, todas estas situacións reflicten a deixadez e o abandono por parte do goberno municipal, e fan evidente o desinterese do “novo” tripartito por solucionar os problemas de Poio, «ata o punto de que os veciños xa non saben que facer para ser atendidos», e urxiu ao goberno municipal a escoitar as peticións veciñais e levar a cabo estas actuacións o antes posible «para mellorar o día a día no noso Concello».

    Finalmente, a popular lamentou que «cada día hai unha nova mostra de que co tripartito todo sigue igual que co Bipartito, excepto que pagamos un soldo máis. A deixadez é a mesma».

Add comment


Security code
Refresh