O PP de Poio presentará unha moción esixindo ao Tripartito respecto institucional e unha partida orzamentaria para a conexión de Leopoldo Novoa coa PO-308: «O problema do PSOE non son as cotas, son os cartos»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio presentará unha moción esixindo ao Tripartito respecto institucional e unha partida orzamentaria para a conexión de Leopoldo Novoa coa PO-308: «O problema do PSOE non son as cotas, son os cartos»

    • Tras a «actuación bochornosa» de Chelo Besada e Gregorio Agís durante a visita de Éthel Vázquez, os populares anuncian unha iniciativa para que o Tripartito «respecte os seus compromisos e ás demais administracións que si cumpren con Poio».
    • A concelleira Rocío Cochón reprocha aos socialistas que despois de non facer ningunha alegación ao proxecto da Xunta durante 4 anos, «agora se inventen excusas para non facer o que lles corresponde» e indica que o auténtico problema é a falta de capacidade de xestión urbanística e financeira do Tripartito.
    • Os populares resaltan que «Raxó existe! e a súa xente xa demostrou que está cansa da falta de investimentos dos sucesivos gobernos de BNG e PSOE», que semella que non cambiará cun Tripartito que castiga a parroquia simplemente porque nas eleccións de maio «votaron o proxecto do PP».

     

    10 de xullo de 2019: A concelleira do PP de Poio  Rocío Cochón anunciou este mércores a presentación dunha moción para reclamarlle ao Tripartito “respecto institucional” e para esixirlles a dotación dunha partida orzamentaria para construir o vial que conectará a rúa Leopoldo Novoa coa glorieta que está a facer actualmente a Xunta na PO-308 como parte das actuacións de mellora da seguridade vial e dotación dunha senda peonil entre O Covelo e Raxó, cun investimento superior aos 4 millóns de euros.

    Cochón explicou que a moción pretende que non se volva a repetir «a actuación bochornosa dos representantes do PSOE» durante as visitas da conselleira Éthel Vázquez ás obras na PO-308, a última delas este martes, cando Chelo Besada e Gregorio Agís tiveron unha actitude «de confrontación, xerando conflicto e buscando o protagonismo que non conseguen coa súa xestión».

    Cochón resaltou ademais a ausencia total de respecto amosada polos representantes do PSOE ante unha administración, a autonómica, que só nas sendas e eliminación de puntos negros na PO-308 investirá máis de 6,5 millóns de euros neste mandato: «é unha auténtica vergoña que esta falta de decoro institucional veña duns concelleiros que non son capaces de facer a mínima parte que lles corresponde». Por este motivo, o texto do PP esixirá ao Tripartito que «respecte os seus compromisos e ás demais adminis-tracións que si cumpren con Poio»

    Ademais, a moción dos populares esixirá que o goberno local dote dunha partida orzamentaria para o vial que debe conectar a rotonda de Rabo de Porco coa rúa Leopoldo Novoa, e que é responsabilidade do concello. Para a popular, fronte as distintas excusas, especialmente de Gregorio Agís para non cumprir os seus compromisos, o certo é que a actuación da Xunta na PO-308 leva proxectándose e executándose, en total, cerca de 4 anos, e Agís «nunca puxo problemas, nin fixo alegacións, ata agora que, case rematadas as obras, empeza a excusarse nas “cotas», ante o que Cochón resaltou que «o problema do PSOE non son as cotas, son os cartos», e resúmese en que o goberno local, e en particular, as áreas dirixidas polos concelleiros socialistas «carecen capacidade de xestión urbanística ou financeira».

    Cochón subliñou a disposición da Xunta, que ademais de investir varios millóns de euros, expropiou terreos, deixou o vial marcado, e intentou facilitar ao máximo o traballo do Tripartito «pero desde o Concello son todo problemas e excusas, entre outras cousas porque despois de todas as súas cacicadas non lles queda un euro para atender as necesidades reais dos veciños de Poio e en particular de Raxó: o único que queda sen facer, como sempre, é o que depende do Concello de Poio»

    Por este motivo, Cochón resaltou que a xente de Raxó xa demostrou que está cansa da falta de investimentos de BNG e PSOE, unha falta de investimentos que, lamentablemente, semella que non vai cambiar co “novo Tripartito”: «Os veciños teñen moi claro que Raxó existe, igual que o Partido Popular, e a Xunta tamén o demostrou cun investimento histórico, os únicos que parecen non telo claro son algúns membros do Tripartito»

    Cochón advertiu que a xente da parroquia non vai consentir que se lles castigue polo simple feito de que, nas últimas eleccións, votaron masivamente o  proxecto do PP, que obtivo o 60% dos sufraxios na parroquia: «Entendemos o disgusto do PSOE por conseguir só 66 votos en Raxó nas últimas eleccións. Está claro que a xente da parroquia rexeitou o seu proxecto e o do Tripartito, pero nin o Partido Popular nin os propios veciños toleraremos que llo queiran facer pagar á xente de Raxó»

Add comment


Security code
Refresh