O programa electoral de SAL na súa páxina 11 comprometíase a adiantar e mellorar os servizos das praias: “establecemento de datas fixas para a incorporación dos servizos de praias e de socorristas como mínimo desde o 15 de xuño ata o 15 setembro”.
Pero, lonxe de cumprir o seu compromiso, no seu segundo verán á fronte do goberno a realidade é moi distinta:
O 17 de xuño só 4 praias (Areas, Silgar, Canelas e Montalvo) tiñan socorristas.
O 5 de xullo praias tan concorridas como Silgar e Canelas carecían de quioscos e tumbonas. Non se adxudicaron estes servizos até o día 4 de xullo, máis dun mes despois do habitual outros anos.
Silgar presenta grandes desniveis de area provocados polos temporais de inverno, nótase especialmente na zona máis pegadas ao porto. O habitual outros anos era nivelar a praia no mes de maio.
Os accesos dunha praia tan concorrida como Canelas non se colocaron até o luns 4 de xullo.
A 5 de xullo en Pragueira e Major non se colocaron as pasarelas de verán e as fixas, que se manteñen durante todo o ano, estaban cubertas de area.
A praia de Major non contou con socorristas até o 3 de xullo.
Outras praias como Caneliñas, Pragueira, Lapa e Areas Gordas a 5 de xullo carecían de socorristas. Baltar tivo socorrista este fin de semana, pero a partir do luns volveu estar sen este servizo.