O grupo municipal electo do PP dá as grazas a Poio polo apoio recibido nas pasadas eleccións

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo municipal electo do PP dá as grazas a Poio polo apoio recibido nas pasadas eleccións

    11 de xuño de 2019. Os oito concelleiros electos do PP de Poio, encabezados polo candidato á alcaldía Ángel Moldes, compareceron este martes ante os medios de comunicación para trasladar unha mensaxe de agradecemento aos veciños e ás veciñas de Poio pola confianza demostrada nas eleccións municipais do pasado 26 de maio, nas que o PP recibiu 3.837 votos, un 43,61% dos sufraxios, a case 1.500 votos da segunda forza, o BNG encabezado polo alcalde en funcións, Luciano Sobral.

    Ángel Moldes quixo comezar a súa intervención trasladando o seu agradecemento, “con toda humildade”, e subliñando que “é moi gratificante saber que a lista, o proxecto, o programa e o candidato do PP de Poio foron os máis respaldados polos veciños”, e garantindo que “pase o que pase este sábado, no pleno de investidura, o equipo do PP está preparado para 4 anos de traballo por e para os veciños, sexa desde o goberno, onde quixeron que estivésemos os votantes, ou na oposición”, e traballando desde o minuto un para levar a cabo o proxecto apoiado masivamente pola veciñanza, “o programa electoral do Partido Popular”.

    Ao ser a primeira rolda de prensa despois do 26-M, Moldes fixo un breve resumo dos resultados das eleccións locais, que sintetizou: “Nós fumos os únicos que saímos a gañar, e gañamos”, subliñando que o PP gañou en todas e cada unha das parroquias, así como en 24 das 25 mesas electorais e en 10 de cada 11 colexios, coa única excepción do colexio Portosanto, onde o PP foi a segunda forza “por un voto”, polo que é evidente o apoio masivo á lista, o proxecto e o candidato do PP.

    Moldes indicou que, ademais de ser o partido máis votado, o PP subiu en todas as mesas e, consecuentemente, nas 5 parroquias, cun aumento medio do 25%, mentres o BNG encabezado polo alcalde en funcións Luciano Sobral perdeu apoios en todas e cada unha das mesas electorais, e en todas as parroquias. Moldes subliño mentres o PP experimentaba esa subida, o BNG se desplomou, xa que perdeu 1 de cada 4 votantes, e en parroquias como San Xoán, baixou máis dun Moldes recordou que Luciano Sobral ven perdendo apoios en caída libre desde 2011, xa que nos últimos 8 anos perdeu 1.500 votos, cerca dun 40%.

    “E todo isto mentres o apoio ao PP subiu en todo Poio, cunha subida media do 25% do voto”, indicou Moldes, que recalcou que o que pasou foi que “os veciños deixaron de apoiar en masa ao Bipartito e sumáronse ao proxecto do PP”, e isto é o resultado do traballo realizado durante estes 4 anos, nos que o PP “trasladou os problemas e demandas da veciñanza de Poio e o Bipartito as ignorou”.

    Moldes recordou que neste mandato “o PP trasladou a preocupación dos veciños sobre o regulamento do cemiterio, o IBI, o saneamento, a auga, a falta de depuradora, e a necesidade de investimentos, servizos e infraestruturas”, e resumiu a clave do apoio maioritario ao longo de todo o territorio en que “O PP levaba un proxecto claro para cada unha das parroquias e os veciños o apoiaron en cada unha das parroquias”.

    Moldes recordou que o do PP será, con diferenza, o grupo maioritario na próxima corporación, e que será “un equipo xove, con ilusión, e co respaldo do pobo”, e indicou cal será a folla de ruta: “o programa electoral, o máis apoiado e valorado polos veciños, de modo que esteamos onde esteamos traballaremos desde o minuto 1 por levalo a cabo”, subliñando que os veciños demostraron o día 26 cos seus votos que “queren que esteamos no goberno, de modo que intentaremos estar no goberno ata o último momento”

    Neste sentido, Moldes suibiñou que os veciños votaron “non ao continuismo, non a seguir igual”, e desde logo, non votaron por que siga na alcaldía Luciano Sobral, despois de 40 anos e 24 de alcalde, ou Chelo Besada, despois de 16 anos: “Esa é a mensaxe clara que mandaron os electores, que non poden seguir igual. Non votaron para pasar de 2 alcaldes a 3, nin votaron para seguir sen auga, sen saneamento, sen depuradora, sen servizos e infraestruturas básicas”.

    “O que quedou claro é que os veciños e veciñas de Poio pediron un cambio, un cambio real que o PP de Poio vai liderar”, destacou Moldes, que resaltou que a xente “votou cambio, non ideoloxías, como demostra a comparativa entre os resultados das eleccións europeas e municipais, celebradas o mesmo día, onde o PP sacou 1.000 votos máis nas locais, o que demostra que “1.000 veciños votaron nunha urna distintas opción pero votaron a candidatura do PP á alcaldía”, algo que, para o popular, indica que “a xente quere que se lle fale menos de ideoloxías, de vetos, de política con minúsculas, e se lle fale máis de saneamento, de auga, de servizos, de infraestruturas, en definitiva, que se lles fale máis de Poio”.

    Durante a rolda de prensa, anunciouse o sentido do voto dos 8 edís populares no pleno deste sábado, que votarán a investidura de Ángel Moldes como alcalde de Poio, e piden transparencia, responsabilidade e altura de miras ás demais formacións políticas, e non traizoar claro o mandato dos veciños: “Outros partidos din que levan a transparencia no ADN... Nos presumimos menos pero demostramos máis”, dixo Moldes, recordando que o PP fixo pública a proposta de rexeneración do concello que se lle presentou a Silvia Díaz, “mentres outros outros están negociando e falando pero non sabemos de que. Non sabemos se falan de pasado, de repartos, de como trataron a Díaz os que a expulsaron do goberno e lle pedían a acta. En definitiva, non sabemos se falan de Poio, se falan da depuradora, da auga, do saneamento, dos impostos... porque todo está oculto”.

    Para Moldes, a primeira medida de transparencia que teñen que practicar é publicar os acordos e as propostas que es-tán a negociar xa que entenden que non é serio negociar de costas os veciños e veciñas: “Nós asistimos á reunión con Silvia Díaz, con total humildade, sen renegar de que somos a forza máis votada con 8 concelleiros pero sendo conscientes en todo momento da importancia que ten a Concelleira de Avante Poio para a gobernabilidade e, en aras de transparencia, fixemos público a proposta de rexeneración: eles non fixeron nada do anterior”, polo que, advertiu. “Menos presumir de transparencia e máis demostrar a transparencia”.

    Moldes rematou a súa comparecencia subliñando que “é moi gratificante sentir o cariño e o apoio da xente de Poio. É gratificante verse respaldado, queridos e votados polos veciños, tanto nas eleccións, como os últimos días“, e apuntou: “Non sabemos se para outros o gratificante será estar no poder a cambio de traizoar o mandato dos veciños”.

    Por último, Moldes anunciou que desde o minuto un do próximo mandato, o grupo municipal loitará por cumprir o programa electoral que presentou as eleccións, xa que os veciños, maioritariamente “quixeron que gobernásemos con ese programa”, e polo tanto os 8 concelleiros do PP loitarán por que todos os veciños de Poio teñan auga, saneamento, depuradora, uns impostos máis baixos e uns servizos e infraestruturas dignas”, e loitarán asi mesmo para que “os 3.837 veciños que nos apoiaron masivamente sigan apoiándonos e conseguir o apoio daqueles que non nos votaron, incluindo moitos que xa están defraudados, posto que votaron cambio, votaron renovación e se senten enganados” , e garantiu que o PP vai representar “a ilusión, a rexeneración e unha forma distinta de facer as cousas”.

Add comment


Security code
Refresh