O PP solicítalle ao Alcalde en funcións que celebre o Pleno de Investidura na Praza do Monasterio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP solicítalle ao Alcalde en funcións que celebre o Pleno de Investidura na Praza do Monasterio

    • Os populares anuncian que lle pedirán ao Alcalde en funcións que o Pleno de Investidura se celebre na Praza do Monasterio.
    • «O normal sería que todos os veciños e veciñas poidan asistir e ver, de primeira man, que sucederá co seu futuro nos próximos 4 anos».

     

    10 de xuño de 2019. Os populares anuncian que lle pedirán ao Alcalde en funcións que o Pleno de Investidura deste sábado se celebre na Praza do Monasterio.

    O candidato popular, Ángel Moldes, expresa que este Pleno está a suscitar moito interese na veciñanza, en colectivos, agrupacións, clubs... e o salón de plenos ten o aforo moi reducido: «O normal sería que todos os veciños e veciñas que o desexen poidan asistir e ver, de primeira man, que sucederá co seu futuro nos próximos 4 anos».

    A proposta dos Populares é instalar mesas y cadeiras na Praza do Monasterio para que os veciños e veciñas que teñan intención de asistir, o poidan facer con toda tranquilidade y comodidade: «Quedan 5 días para a celebración deste Pleno e estamos a tempo de organizalo con tranquilidade e podendo asegurar que toda a veciñanza que o desexe poida ver de primeira man como se leva a cabo a votación na que será escollido o vindeiro Alcalde de Poio».

Add comment


Security code
Refresh