Alfonso Rueda destaca o modelo de xestión de Cristina Correa: “A alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda destaca o modelo de xestión de Cristina Correa: “A alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa”

    • O presidente provincial, acompañado por Ana Pastor, puxo en valor a un equipo preparado para gobernar e que aúna o talento cunha importante capacidade de traballo.
    • A candidata á Alcaldía presenta a lista de 17 persoas coa que concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no urbanismo, o fomento da economía, as melloras fiscais ou a recuperación do patrimonio.

     

    Oia, 15 de maio de 2019.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o modelo de xestión de Cristina Correa, baseado na cercanía aos veciños e nos proxectos útiles mantendo as contas saneadas. Deste xeito, definiu a Correa como “a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa” durante os vindeiros catro anos, chamando a unir o voto en torno a súa candidatura, composta por un equipo de xente “preparada e moi motivada” a fin de obter unha maioría ampla e clara o 26 de maio.

     “Cristina é unha persoa nova pero que xa ten experiencia na responsabilidade de goberno, que aúna o talento coa capacidade de traballo e que presenta un proxecto integrador e con propostas para todos”, dixo Rueda durante a súa intervención nun mitin, no que tamén participou Ana Pastor, que serviu de presentación da lista que acompañará a Cristina Correa na súa candidatura á Alcaldía.

    Tras destacar a valentía da candidata e do seu equipo “por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” nas eleccións municipais. Nesta liña, apelou a traballar con intensidade  e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.

    Pola súa banda, Cristina Correa indicou que si sae reelexida Oia continuará “na senda do avance en positivo”, con políticas orientadas a axudar aos veciños, a manter o bo clima social e sempre con vocación de servicio. Igualmente, tras agradecer a lealdade e o esforzo do seu equipo, a candidata desgranou algunas das propostas máis importantes do seu programa, entre as que citou o obxectivo de desbloquear o PXOM, o fomento da actividade económica e do emprego, as melloras fiscais, a recuperación do patrimonio, a aposta polo medioambiente e as políticas sociais ou a eficiencia enerxética.

    Finalmente, Cristina Correo presentou ás 17 persoas que componen a súa lista de cara ás eleccións do 26 de maio

Add comment


Security code
Refresh