Ana Pastor e Ángel Moldes visitan a senda entre Campelo e A Seca

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ana Pastor e Ángel Moldes visitan a senda entre Campelo e A Seca

    • Pastor e Moldes, acompañados da candidatura do PP ás eleccións do 26 de maio, percorren o itinerario litoral  construido polo goberno de Mariano Rajoy.
    • Moldes lamentou que durante esta campaña BNG e PSOE falten á verdade, aproveitándose de que a senda non se puidese inagurar oficialmente polos atentados de Barcelona e a aplicación do 155 para intentar atribuirse unha obra «planeada, financiada e executada por un goberno do PP».
    • Moldes anunciou que, se accede á alcaldía, impulsará a construción do tramo entre A Seca e Combarro.
    • Ana Pastor amosouse «moi orgullosa» de ter impulsado a construción desta senda, animou a todos a visitala e respaldou a candidatura de Ángel Moldes á alcaldía, augurando que «gañará as eleccións» e será o mellor alcalde de Poio.

     

    Poio, 15 de maio de 2019. O candidato do PP á alcaldía de Poio, Ángel Moldes, percorreu esta mañá xunto a Ana Pastor a senda peonil entre Campelo e A Seca, acompañados de varios membros da candidatura do PP de Poio ás eleccións do 26 M,

    En declaracións a medios, Moldes manifestou a súa satisfacción de que Pastor puidese visitar a senda explicando que «era de xustiza que estivese aquí», xa que a súa xestión foi instrumental para a construcción deste itinerario entre o peirao de Campelo e a área recreativa da Seca, cunha lonxitude de 1.500 metros, e un orzamento cercano aos 400.000 euros, planeada, financiada e executada polo goberno de Mariano Rajoy e finalizada entre 2016 e 2017.

    Moldes reprochou que o BNG e o PSOE nesta campaña electoral falten á verdade, intentando apropiarse da obra: «Parécenos moi ben que presuman da senda e a promocionen, faltaría máis, pero non poden atribuirse ningún mérito. O único que fixo o concello foi a súa obriga, que era negociar terreos cos propietarios para poñelos a disposición do Ministerio e a Dirección Xeral de Costas».

    O candidato popular lamentou ademais que nacionalistas e socialistas intenten aproveitarse de que a obra non se puidese inaugurar no seu momento polo goberno do PP ata en dúas ocasións, polos atentados de Barcelona en agosto de 2017, «cando a ministra García Tejerina xa se atopaba en Poio para a inauguración e houbo que suspendela», e posteriormente pola aplicación do Artigo 155: «É lamentable que uns partidos se aproveiten de que non houbo inauguración oficial por motivos tan graves e intenten atribuirse unha obra planeada, financiada e executada por un goberno do Partido Popular».

    Moldes lamentou que «no Partido Popular facemos moito, xestionamos ben e tal vez non presumimos o suficiente, xa que outros, como o goberno bipartito de Poio, non fan nada e presumen do que fai o PP».

    O candidato do PP á alcaldía quixo agradecer a Ana Pastor a súa contribución á construción da senda e o seu compromiso con Poio, xa que «a molestamos moitísimas veces para conseguir partidas e avances para os nosos veciños», e explicou que ese era un dos principais motivos para que o PP quixese que finalmente puidese visitar a senda.

    Ademais, Moldes anunciou que se os veciños lle dan a confianza nas vindeiras eleccións, impulsará a construción do tramo final da senda litoral, entre A Seca e Combarro, «para o que contaremos coa colaboración de Ana Pastor, como deputada por Pontevedra, e representante dos nosos veciños, que a votaron maioritariamente», e amosou a súa confianza de que na próxima lexislatura Pastor «vai seguir defendendo coma sempre os dereitos dos veciños de Campelo, Combarro e de todo Poio».

    Pola súa banda, Ana Pastor aproveitou para animar aos veciños de Poio e de toda a comarca a visitar e percorrer este camiño xa que «é unha senda marabillosa» e recordou que esta actuación foi «unha reivindicación do PP e un feito do goberno de Mariano Rajoy e que ela mesma impulsou que se recollese nos Presupostos Xerais do Estado», algo do que está «moi orgullosa».

    Pastor ademais comprometeuse a loitar para que, igual que un goberno do PP fixo a senda entre Campelo e A Seca, o PP fará todo o posible para sacar adiante o tramo entre A Seca e Combarro e recalcou o seu apoio e o de todo o Partido Popular á candidatura de Ángel Moldes á alcaldía, subliñando que «estamos seguros de que vai gañar as eleccións» e augurando que será o mellor alcalde de Poio.

Add comment


Security code
Refresh