Alfonso Rueda defende que Alberto Acuña ten a preparación e o empuxe para dar a Vilaboa o cambio urxente que precisa

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda defende que Alberto Acuña ten a preparación e o empuxe para dar a Vilaboa o cambio urxente que precisa

    • O presidente provincial, acompañado por Rosa Quintana, chama a unir o voto en torno ao PP como única alternativa a un goberno municipal “desgastado e sen ideas”
    • O candidato á Alcaldía presenta a lista de 20 persoas coa que concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no emprego, o desenvolvemento local, o turismo ou as políticas sociais

     

    Vilaboa, 13 de maio de 2019.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Alberto Acuña ten a preparación e o empuxe que fan falta para dar a Vilaboa “o cambio urxente que precisa”. “Un candidato novo, cun equipo con talento que aúna experiencia e xuventude para sacar adiante proxectos para todos, frente a un goberno municipal desgastado e sen ideas que o único que fai e botarlle a culpa de todo aos demais”.  

    Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Alberto Acuña na súa candidatura á Alcaldía de Vilaboa nas eleccións municipais, no que tamén estivo Rosa Quintana, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en Vilaboa,  igual que o farán en todos os concellos da provincia”. “Temos os mellores candidatos e os mellores equipos”.

    Nesta liña destacou que Alberto Acuña “vai ser un magnífico alcalde” para Vilaboa, porque ten moi clara a importancia de ter boa interlocución co resto das administración e vontade de chegar a acordos para todos. Rueda chamou a traballar con unidade e intensidade para que este concello teña “o alcalde que merece” e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia de goberno. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.

    Pola súa banda, Alberto Acuña incidiu en que nas vindeiras eleccións municipais só hai dúas alternativas para Vilaboa. “O continuismo ou a renovación que representa a lista do PP”.  “Xa é tempo de Vilaboa. Xa e tempo de superar ás coalicións e ir cara un goberno forte do Partido Popular”, suliñou. Igualmente, adiantou que o programa que levará a cabo en caso de sair elexido alcalde vai incluir unha forte aposta pola economía, o emprego e o desenvolvemento local, ademáis doutros piares como o turismo, a seguridade, o medio ambiente, a cultura e o deporte, con especial atención ás políticas de igualdade e aos servizos sociais.

    Finalmente, o candidato presentou a lista cos nomes que o acompañarán nas eleccións.

Add comment


Security code
Refresh