Alfonso Rueda: “Horacio Gil é o alcalde axeitado para seguir facendo crecer a Arbo con estabilidade, rigor e proxectos útiles”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda: “Horacio Gil é o alcalde axeitado para seguir facendo crecer a Arbo con estabilidade, rigor e proxectos útiles”

    • O presidente provincial, que estivo acompañado por Ana Pastor e José González, afirma que os populares “saen a gañar en todos os concellos” o vindeiro 26 de maio
    • O candidato á Alcaldía presenta a lista de 21 persoas coa que concorrerá ás eleccións municipais

     

    Arbo, 12 de maio de 2019.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Horacio Gil é o alcalde axeitado para que Arbo siga crecendo con estebilidade, rigor e proxectos útiles. Nesta liña pediu aunar o voto no PP para obter “unha maioría absoluta potente” neste concello, “unha referencia en Galicia”, que permita avanzar da man dun goberno sólido e forte durante os vindeiros catro anos.

    Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Horacio Gil na súa candidatura á Alcaldía de Arbo nas eleccións municipais, no que tamén estiveron presentes Ana Pastor e José González, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en todos os concellos da provincia”, nunha cita que encaran “con moito ánimo”, amosándose convencido de que obterán “un  gran resultado”.

    Por último, puxo en valor a experiencia de Horacio Gil, “que sabe o que terá que facer dende o primeiro día que chegue ao Concello”, suliñando que o PP é un partido “unido e forte”. “Temos os mellores candidatos, temos as ideas e temos a capacidade para levalas a cabo”, finalizou.

    CANDIDATURA DO PP DE ARBO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

    1. Horacio Gil Expósito
    2. María Salomé Troncoso Viéitez
    3. Raimundo Rodríguez Guntín
    4. Raúl Rodríguez Álvarez
    5. Vicenta Rodríguez Cerdeira
    6. Bernardo Vázquez Pérez
    7. María Dolores Núñez Núñez
    8. María Dolores Rodríguez Fernández
    9. Vanesa Carballo Rodríguez
    10. Silveria Álvarez Bautista
    11. María del Mar Álvarez Fernández
    1. Ramiro Gil Álvarez
    2. José Manuel Mariño Tomé
    3. Paula Pérez Gil
    4. Vanesa Giráldez Álvarez
    5. Francisco Javier Almuíña Vázquez
    6. Rosa González Pérez
    7. José Antonio Brandon Álvarez
    8. Juan Carlos Cobas Castro
    9. Milagros Puga Gil
    10. Alberto Nieto Fernández

Add comment


Security code
Refresh