O PP denuncia que PSOE e BNG compiten polo número de cacicadas na súa desesperación por buscar apoios para as Municipais

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que PSOE e BNG compiten polo número de cacicadas na súa desesperación por buscar apoios para as Municipais

     

    Poio, 10 de abril de 2019. O Partido Popular de Poio denuncia que tanto BNG como PSOE compiten actualmente polo número de cacicadas que fan nun intento desesperado por buscar apoios para as eleccións municipais. Así o critica a concelleira e número dous da candidatura do PP, Rocío Cochón, que lamenta que os socialistas copien a estratexia que sigue Luciano Sobral nos últimos 24 anos, a través da que é habitual que na recta final de mandato, en período preelectoral, contrate un exército de empresas privadas. O obxectivo, sinala a concelleira, é dobre. Por un lado busca facer pequenos traballos que en moitos casos rozarían a ilegalidade e que están informados desfavorablemente polos técnicos municipais e, ao mesmo tempo, coaccionar a empresas e traballadores vendendo o favor de contratar a última hora para contar co seu apoio nas municipais.

    Se esta era a práctica habitual do BNG, agora a situación para o Concello de Poio agrávase, porque o PSOE e Chelo Besada queren plaxiar esta estratexia, e adícase a contratar empresas para o mesmo fin.

    Desde o PP recordan que os problemas reais de Poio, como o saneamento, a depuradora ou o PXOM, non se solucionan con estas “pequenas cacicadas, que non son máis que parches de última hora nun intento á desesperada por xustificar catro anos baleiros de propostas, xestión e proxectos para Poio”.

    Ademais, tamén piden aos propietarios e traballadores das empresas que non acepten coaccións, e recorda que quen paga non son nin PSOE nin BNG, son os veciños de Poio a través dos seus impostos.

    Así, Rocío Cochón subliña que “hai dúas cousas claras para as próximas eleccións. Cada papeleta de Chelo Besada nas urnas vai servir para manter a Luciano Sobral na Alcaldía e, polo tanto, apoiar todas estas cacicadas”.

Add comment


Security code
Refresh