Alertan de fallos nas luminarias do Campo de Fútbol da Bandeira

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alertan de fallos nas luminarias do Campo de Fútbol da Bandeira

     

    Silleda, 8 de xaneiro de 2019.- O Partido Popular de Silleda denuncio que dende fai dúas semanas aproximadamente, case a metade dos focos do campo de fútbol da Bandeira permanecen fundidos, o que dificulta o normal desenrolo tanto dos partidos de competición, como dos adestramentos nesta instalación.

    Dende as filas populares consideran que esta situación e moi preocupante non so pola tardanza e levar a cabo a reparación polo Concello, senon tamén polos defectos que se veñen sufrindo nesta instalación dende a súa inauguración.

    O voceiro do Partido Popular suliñou que, “É incríble que nunha instalación con tampoucos meses de uso se estén dando estes problemas. Xa non entramos a valorar en que coas cantidades que se invertiron neste proxecto se mantiveran as luminarias antigas e non se dotase dunha mellor iluminación o campo a pesares do case 1.500.000 e medio de custo final, pero as luminarias deberían de estar en perfecto estado unha vez que se volven a recolocar, e se non o Concello ten que actuar canto antes para que non se teña que xogar case a escuras, como esta sucedendo. É unha autentica chapuza.”

    Dende o Partido Popular recordan que  “Xa fai unhos meses puxemos de manifesto que caeran os cristais dunha luminaria durante o transcurso dun partido, co gravísimo risco que esto supuxo tanto para os xogadores como para a xente que nese momento estaba no campo, pero ata o de agora non temos noticia de que se haxa tomado ningunha medida para solventar esta circunstancia, o que nos parece unha gravísima irresponsabilidade por parte do Concello, xa que pode volver a pasar en calquer momento, e consideramos que non é un risco asumible.”

    Por eso dende o Partido Popular de Silleda solicitanlle ó Alcalde que solucione canto antes as incidencias que se veñen producindo no campo de fútbol canto antes, e que non se desentenda desta instalación, “As obras non chega solo con inauguralas, desopis hai que mantelas e subsanar os defectos que teñan.” 

Add comment


Security code
Refresh