O PP pregunta ao Bipartito da Deputación onde deixou o criterio da “meritocracia pura e dura” para elixir á dirección do Museo de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pregunta ao Bipartito da Deputación onde deixou o criterio da “meritocracia pura e dura” para elixir á dirección do Museo de Pontevedra

    • Ángel Moldes entende que este cambio de criterio demostra que “todas aquelas manifestacións contra o papel da deputada do PP que no anterior mandato estaba ao fronte do Museo era unha persecución política e non unha defensa do papel deste centro”.

     

    Pontevedra, 08 de febreiro de 2019.- O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra pide ao Goberno Bipartito da Deputación que aclare por que renunciou a aquel criterio da “meritocracia pura e dura” que anunciou o vicepresidente César Mosquera a finais de ano para elixir á persoa que se faga cargo da dirección do Museo de Pontevedra.

    Segundo o voceiro popular, Ángel Moldes, “as bases para seleccionar á persoa que vai substituír a Carlos Valle ao fronte deste centro demostran claramente que o anuncio de Mosquera quedou nunha mera declaración de intencións, e que finalmente apostaron por deixar a selección ao criterio último do Goberno provincial e do BNG”. Nesta liña, denuncia que “de novo queda patente que de cara á galería o Goberno da Deputación di o politicamente correcto, pero á hora de tomar decisións fai xustamente o contrario”.

    Por iso, o popular entende que este cambio de criterio demostra que “todas aquelas manifestacións e críticas que hai uns anos se fixeron contra o papel da deputada do PP que no anterior mandato estaba ao fronte do Museo de Pontevedra eran unha persecución política, e non unha defensa real do papel deste centro”.

    Ademais, Moldes critica a “falta de previsión e de xestión” do Bipartito provincial neste proceso. “O Museo de Pontevedra vai estar medio ano sen dirección pola falta de previsión e de traballo deste Goberno. A xubilación do anterior director non foi un imprevisto, e non fixeron os deberes a tempo”, engade.

Add comment


Security code
Refresh