PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra presenta a Carlos Costa Domínguez como candidato á alcaldía de Campo Lameiro

     

    Campo Lameiro, 29 de xaneiro de 2019.- A dirección provincial do PP de Pontevedra presenta a Carlos Costa Domínguez como candidato do Partido Popular á alcaldía de Campo Lameiro de cara as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio de 2019.

    Así o confirmou o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na reunión mantida esta tarde co comité executivo local. Un encontro no que destacou o traballo levado a cabo por Carlos Costa no Concello como actual teniente de alcalde e a súa valentía por encabezar un proxecto novo e ilusionante para todos.

    Tamén mostrou a súa confianza en que poda levar a cabo a cabo unha xestión eficaz para dar resposta axeitada as necesidades do municipio.

    O Partido Popular presenta o mellor candidato para Campo Lameiro, destacou Alfonso Rueda, suliñando a capacidade de integración de Carlos Costa, a súa cercanía cos vecinos e o seu fondo coñecemento da localidade.

    O presidente provincial reivindicou tamén a tarefa feita durante estes anos polo actual alcalde Julio Sayáns, o que felicitou pola súa longa traxectoria, e puxo en valor a unidade do partido e a súa experiencia e saber facer nos gobernos municipais .

    PERFIL DO CANDIDATO

    Carlos Costa Domínguez naceu o 29 de xuño de 1967. Traballador autónomo (rexenta unha panadería), leva 16 anos como primeiro teniente de alcalde do Concello de Campo Lameiro.