PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP confirma a Carlos Vieitez Fernández como candidato do PP de Meaño

     

    Meaño, 22 de xaneiro de 2019.- A dirección provincial do PP de Pontevedra ratifica a Carlos Vieitez Fernández como candidato do Partido Popular en Meaño para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2019. Así o confirmou, o presidente provincial do PP de Pontevedra na reunión mantida esta tarde co comité executivo local.

    O líder provincial confía en que o candidato popular poida revalidar nos vindeiros comicios locais o magnífico resultado obtido en 2015, onde o PP acadou a maoiría absoluta, cun equipo de xente próximo e un proxecto que ilusione aos veciños de Meaño.

    “O Partido Popular preséntase coa intención de gañar nas urnas, con humildade e ao lado dos veciños”, afirmou Alfonso Rueda, reivindicando o traballo feito durante estes anos polo goberno de Lourdes  Ucha e destacando o perfil de Carlos Vieitez como unha persoa comprometida co seu concello, traballadora e próxima”.

    Carlos Vieitez, que foi elexido por unanimidade como cabeza de lista na asamblea local, explicou que neste momento “iníciase una nova etapa na que todos os veciños somos necesarios e temos que estar unidos, porque Meaño paga a pena”. “É un momento de responsabilidade para min, pero o mesmo tempo de ilusión e gañas de traballar”, engadiu.. Insistiu tamén en que a “xestión eficaz e a cercanía”  son os dous piares sobre os que pivotará o seu programa

    PERFIL DO CANDIDATO 

    Carlos Vieitez Fernández ten 50 anos e é natural de Xil. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago, leva 18 anos vencellado a Administración Local na Mancomunidade do Salnés. Especialista en xestión de proxectos, na súa traxectoria tamén foi xuiz de paz en Meaño