PP de Pontevedra

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP confirma a Fernando Pérez Domínguez como candidato do PP en Caldas de Reis

     

    Caldas de Reis, 10 de decembro de 2018.- A dirección provincial do PP de Pontevedra, ratifica a Fernando Pérez Domínguez como candidato do PP en Caldas de Reis. Así llo confirmou hoxe, o presidente provincial, Alfonso Rueda e o secretario xeral, José Manuel Cores Tourís, ao Comité Executivo local na reunión mantida na sede do partido en Caldas.

    A proposta de Fernando Pérez como alcaldable que saíu por unanimidade da reunión que o PP local mantivo hai uns días con dirixentes e afiliados do PP de Caldas, foi ben recibida polo presidente provincial.  “É unha persoa con experiencia, que coñece perfectamente o concello e as súas necesidades e cun proxecto ambicioso e que vai ilusionar aos veciños e facer do PP unha verdadeira alternativa de goberno en Caldas”.

    Rueda agradeceu a Fernando a súa “valentía ao dar un paso adiante e aceptar o reto de ser o candidato do PP”. Unha decisión xenerosa, salientou o presidente provincial, que amosa a súa implicación activa no Partido Popular.

    Ademais, incidiu en que hai moito traballo por diante cara as municipais de 2019, pero amosouse convencido de que o candidato será capaz de ilusionar e levantar o ánimo aos votantes populares. Nesta liña, puxo como exemplo o resto de convocatorias electorais –nacionais e autonómicas-, nas que o PP é o partido máis votado tamén en Caldas, na última convocatoria de autonómicas con case un 50% dos votos.  

    Para conseguir estes resultados, concluíu, é fundamental o traballo, estar a pé de rúa, explicar cal é o proxecto do Partido Popular ante un Goberno desgastado e agotado como o de Caldas, pero tamén é fundamental a unidade do partido e que o candidato se sinta arroupado.