BOLETÍN PROVINCIAL

Compartir en Facebook

 

O PP explica que a fusión Cerdedo-Cotobade no tendría ningún efecto sobre o reparto de deputados provinciais

 

.- O voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes, explica que a fusión entre Cotobade e Cerdedo non sortiría efecto algún sobre o reparto de escanos na Deputación de Pontevedra, independentemente do partido xudicial ao que finalmente quedase adscrito a nova entidade.

 

Ao contrario do que afirma Patricia Vilán, voceira de Política Institucional do grupo socialista no Parlamento, Ángel Moldes sinala que ningunha das opcións dispoñibles para a integración de Cotobade-Cerdedo –adscrición ao partido xudicial de Pontevedra ou ao da Estrada- modificaría a asignación de escanos que lle corresponden a cada partido xudicial, e en ningún caso alterarían o reparto de deputados, baseándose nos resultados das últimas eleccións municipais.

 

O voceiro popular cre que “o máis probable é que os socialistas anden tan despistados que non saiban ou entendan como se fai o reparto de deputados por partido xudicial, pero vendo o medo que ten o PSOE a perder deputados somos aínda máis conscientes do mal que o están facendo”.

 

É moi fácil desmontar as mentiras do PSOE porque ao contrario que fan eles, no PP si entendemos e si utilizamos os datos. Eles, pola contra, nun intento desesperado por crear crispación, dedícanse a facer argumentacións políticas baseadas na mentira e sen datos obxectivos, pero que se caen por si mesmas só comprobando os resultados das pasadas eleccións municipais.

 

Ángel Moldes recoméndalle aos socialistas, non sabe se aos de Santiago ou aos de Vigo que dirixen a Deputación, que ou ben compren unha calculadora para poder facer ben os números e non facer o ridículo, ou ben que alguén lle explique ou se preocupen de saber  como se fai o reparto de deputados por partido xudicial, porque desde logo que as afirmacións da voceira parlamentaria do PSOE non se sosteñen por ningún lado.

 

“Ou pretenden confundir con mentiras ou os que están confundidos son eles e non entenden nada, porque se todos os cálculos que fan son coma este, o PSOE ten máis de un problema”.

 

O NÚMERO DE ESCANOS DE CADA PARTIDO XUDICIAL NON VARÍA

 

En canto aos datos, o voceiro do PP explica que cada provincia ten asignado un número de deputados en función do tramo no que estea a súa poboación. A Pontevedra –entre 500.000 e 1.000.000 de habitantes-, correspóndenlle 27 deputados provinciais.

 

As Xuntas Electorais Provinciais determinan os escanos que corresponde a cada partido xudicial de xeito proporcional ao número de residentes en cada partido, con certas condicións: cada partido xudicial debe estar representado como mínimo por un deputado provincial, independentemente da súa poboación, e ningún partido xudicial pode contar con máis das 3/5 partes do número de deputados.

 

Seguindo estes criterios, e utilizando os datos de poboación do Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2014, a Xunta Electoral Provincial distribuíu os 27 escanos que corresponden a cada partido quedaron repartidos da seguinte maneira:

 

PX  Habitantes   DEPUTADOS  DIF

A Estrada  26.753    (2,81%) 1 (3,70%) - 0,89%

Cambados  110.534    (11,62%) 3 (11,11%) + 0,51%

Lalín  41.412    (4,35%) 1 (3,70%) + 0,65%

Ponteareas  55.512    (5,84%) 1 (3,70%) + 2,13%

Pontevedra  251.604    (26,46%) 7 (25,93%) + 0,53%

Tui  93.124    (9,79%) 3 (11,11%) - 1,32%

Vigo  371.980    (39,12%) 11 (40,74%) - 1,62%

TOTAIS  950.919    (100,%) 27 (100,%)

 

Cada escano provincial corresponde a 35.219 habitantes (o 3,70% do censo), considerando sempre a obriga de que cada partido xudicial teña alomenos un escano.

 

Escenario 1: Cerdedo-Cotobade intégrase no Partido Xudicial de Pontevedra.

 

Se o Concello fusionado se integra no Partido Xudicial de Pontevedra, este partido xudicial sumaría os 1.860 habitantes de Cerdedo (0,20 % da poboación provincial), que perdería o Partido Xudicial da Estrada.

 

PX  Habitantes   DEPUTADOS  DIF

A Estrada 24.893    (2,62%) 1 (3,70%) - 1,09%

Pontevedra  253.464    (26,65%) 7 (25,93%) + 0,73%

 

A distribución de escanos por partido xudicial evidentemente non mudaría.

 

Escenario 2: Cerdedo-Cotobade intégrase no Partido Xudicial da Estrada.

 

Se o Concello fusionado se integra no Partido Xudicial da Estrada, este partido xudicial sumaría os 4.327 habitantes de Cerdedo (0,46 % da poboación provincial), que perdería o Partido Xudicial de Pontevedra.

 

PX  Habitantes   DEPUTADOS  DIF

A Estrada 31.080    (3,27%) 1 (3,70%) - 0,44%

Pontevedra  247.277    (26,00%) 7 (25,93%) + 0,08%

 

A distribución de escanos por partido xudicial evidentemente tampouco variaría. Ningún dos dous escenarios suporía un cambio de poboación suficiente como para variar a asignación de escanos que corresponden a cada Partido Xudicial.

 

De feito, para modificar a asignación de escanos do Partido Xudicial de Pontevedra (acadar un 8º escano na Deputación Provincial) sería preciso achegar aproximadamente 25.000 habitantes (A poboación de todo o partido xudicial da Estrada, ou máis de 13 veces a poboación de Cerdedo).

 

 

O REPARTO DE DEPUTADOS PROVINCIAIS POR PARTIDO POLÍTICO NON SUFRE NINGUNHA VARIACIÓN

 

En relación ao reparto de Deputados provinciais polo número de votos a cada partido, ningún dos escenarios posibles altera a composición do Pleno da Deputación.

 

O sistema de reparto de escanos para a Deputación Provincial é moi sinxelo. Súmanse os votos recibidos por cada partido (segundo a súa agrupación a nivel provincial) en cada Concello que conforman os partidos xudiciais, a condición de que o partido obtivese algún concelleiro dentro do partido xudicial.

 

A continuación, distribúense os escanos correspondentes ao partido conforme á “Ley d’Hont” (nos partidos xudiciais cun só escano este vai directamente á lista máis votada).

 

 

Reparto de escanos na Deputación segundo os resultados das eleccións municipais de maio de 2015:

 

P. Xudicial Habitantes Concelleiros DEPUT PP PSOE BNG MAREA

Ponteareas  55.512    109 1 1 0 0 0

Pontevedra  251.604    289 7 3 1 3 0

Vigo  371.980    110 11 3 7 0 1

Cambados  110.534    141 3 2 1 0 0

A Estrada  26.753    41 1 1 0 0 0

Lalín  41.412    78 1 1 0 0 0

Tui  93.124    122 3 1 1 1 0

 

Votos para as agrupacións de candidaturas nas eleccións municipais de maio de 2015

 

P. Xudicial PP PSOE BNG MAREA OUTROS

Ponteareas  12.956     6.290     5.378     -       6.413

Pontevedra  45.708     23.228     38.270     3.222     16.564

Vigo  43.921     84.675     9.631     16.292     25.077

Cambados  22.821     15.684     6.477     -       13.860

A Estrada  8.184     5.732     1.041     -       1.674

Lalín  12.165     5.593     2.200     -       4.772

Tui  17.717     10.083     9.262     -       14.161

 

Para a asignación de escanos, os partidos xudiciais cun só deputado funcionan como circunscripcións únicas maioritarias: o partido que acumula máis votos leva o único escano. Así en Ponteareas, A Estrada e Lalin o partido maioritario –PP- leva “directamente” o deputado correspondente.

 

Unha vez fusionados Cerdedo e Cotobade, e cos datos das eleccións maio de 2015, o novo Concello tería os seguintes resultados:

 

¿Qué efectos tería a adscrición deste novo Concello ao partido xudicial de Pontevedra ou A Estrada?

 

Escenario 1: Cerdedo-Cotobade intégrase no Partido Xudicial de Pontevedra.

 

P. Xudicial PP PSOE BNG MAREA OUTROS

Pontevedra  46.682 (+974)      23.492 (+264)     38.270     3.222     16.564

A Estrada  7.210 (-974)     5.468 (-264)     1.041     -       1.674

 

Con estes datos, segundo o Sistema d’Hont, a asignación de escanos ao Partido Xudicial de Pontevedra quedaría exactamente igual que está agora, isto é: 3 Deputados para o PP, 3 Deputados para o BNG, 1 Deputado para o PSOE.

 

O “último” partido en conseguir un escano sería o BNG, e PP e PSOE necesitarían aínda moitos votos para conseguir un deputado adicional, a costa do 3º escano do BNG.

 

O PP necesitaría 4.345 votos adicionais para acadar un 4º escano.

 

O PSOE necesitaría 2.022 votos adicionais para acadar un 2º escano.

 

Escenario 2: Cerdedo-Cotobade intégrase no Partido Xudicial da Estrada.

 

P. Xudicial PP PSOE BNG MAREA OUTROS

Pontevedra  44.096 (-1.612)      22.316 (-912)     38.081 (+189)     3.222     16.428 (-136)

A Estrada  9.796 (+1.612)     6.644 (+912)     1.230     -       1.810 (+136)

 

Con estes datos, segundo o Sistema d’Hont, a asignación de escanos ao Partido Xudicial de Pontevedra quedaría exactamente igual que está agora, isto é: 3 Deputados para o PP, 3 Deputados para o BNG, 1 Deputado para o PSOE.

 

O “último” partido en conseguir un escano sería o BNG, e PP e PSOE necesitarían aínda moitos votos para conseguir un deputado adicional, a costa do 3º escano do BNG.

 

O PP necesitaría 6.679 votos adicionais para acadar un 4º escano.

 

O PSOE necesitaría 3.072 votos adicionais para acadar un 2º escano.

 

No que se refire o Partido Xudicial da Estrada, ao ter asignado só un escano, non varía a cor política do Deputado que o representa en ningún dos dous escenarios.

 

CONCLUSIÓNS

 

Por todo isto, os populares conclúen que a fusión entre Cerdedo e Cotobade e a adhesión do Concello resultante nalgún dos distintos partidos xudiciais existentes non conlevaría cambios nin no número de Deputados Provinciais que representan a cada un destes partidos nin no reparto dos deputados no Pleno provincial.

 

“As fusións non se plantexan polo ben dos partidos, se non polo futuro dos veciños e os propios concellos. Se desde o PP ou desde os propios concellos se atendera ao reparto do número de deputados, como faría con total seguridade o PSOE, quizais non se plantexaría, porque os número non benefician ao PP precisamente, explica Ángel Moldes.