BOLETÍN PROVINCIAL

Compartir en Facebook

 

Rueda: «O Partido Popular é o único partido que se presenta para gañar as eleccións»

 

 

O noso presidente provincial, Alfonso Rueda, estive esta fin de semana en Ourense co galo do congreso do Partido Popular local. O sábado, no auditorio do Conservatorio da "Cidade das Burgas", 300 compromisarios elixiron como secretario do PP local ao exconselleiro Jesús Vázquez, de quen Rueda destacou que «é un tipo traballador, valente de máis, boa persona e bo tipo». Vázquez foi elixido co 94,34% dos votos.

 

Durante a clausura do congreso, o presidente do PP provincial de Pontevedra referiuse ás eleccións autonómicas que se celebrarán este ano e subliñou que «o PP é un partido que cre en si mesmo, que non depende dos demais que contan historias», e comparou a situación do noso partido co PSdeG. Rueda asegurou que os socialistas van quedar terceiros nas eleccións á Xunta «como aconteceu cando (Abel) Caballero foi candidato», en 1997.

 

O presidente Rueda indicou que Caballero «está a visitar toda Galicia dicindo que o PSOE está mellor que nunca», pero a resposta que recibe é sempre a mesma: «Por se acaso, busca outro, ou conmigo non contes». Pese a todo, Rueda amosouse convencido de que seguirá "a xira" buscando un voluntario, un incauto, un kamikaze... «e ao final aparecerá algún».

 

O que si ten claro o noso presidente provincial é que o alcalde de Vigo non vai ser outra vez o candidato do PSdeG á Xunta. O motivo: que xa se presentou hai case 20 anos e «conseguiu un récord imbatido» ata o de agora, quedando en terceiro lugar, un posto que pode repetirse en 2016.

 

«Agora poden quedar de terceiros igual", explicou Rueda, que recalcou que o que todo o mundo sabe: «As eleccións vainas gañar o PP», e predeciu que o PSOE non vai quedar en segundo lugal, senón «un candidato de Podemos», polo que animou a votar a Alberto Núñez Feijóo..

 

Rueda afirmou que a continuidade da candidatura á Xunta de Feijóo «é a mellor noticia para nós e a peor noticia para os nosos adversarios políticos» e garantiu que «no PP seguiremos igual de fortes que sempre para dicirlle á xente -mirándolle á cara- que se nos votades, e gañamos, gobernaremos».