Fole anuncia o apoio do PP á tramitación da residencia da Xunta en Cambados para garantir a súa aprobación pola minoría do tripartito e a nova crise ante o rexeitamento do BNG

Cambados, 19 de setembro de 2026.-

O voceira municipal do PP de Cambados, Sabela Fole, anunciou hoxe que o seu partido –o de maior representación da corporación e que conta co dobre de concelleiros que o PSOE– vai apoiar en pleno toda a tramitación administrativa e da consecución da parcela para a construción da residencia de maiores concedida pola Xunta de Galicia. Deste xeito, garántese a súa aprobación, sempre que o executivo faga os deberes, ante a situación numérica de minoría do tripartito e a nova crise interna aberta no seu seo polo desmarque e rexeitamento do BNG.

“Polas contas que hai sobre a mesa, o proxecto da residencia da Xunta tan aplaudido polo alcalde conta con só 6 votos do goberno dos 17 da corporación para sacar a tramitación adiante, pero queremos anunciar que, aínda que mantemos rotas as relacións cun executivo con actitudes antidemocráticas, imos votar a favor en pleno de todas as cuestións relativas á residencia. Facémolo por convencemento, por responsabilidade cos veciños e porque nos custou moito traballo, xa que o alcalde non fixo ningunha xestión efectiva, que este centro veña para Cambados”, asegurou a concelleira popular.

Sabela Fole garantiu que o PP vai favorecer que Cambados “aproveite esta gran oportunidade que nos brinda a Xunta” despois de que o Concello fose o triste protagonista de perdas millonarias récord de axudas doutras administracións ao longo do presente mandato por falta de xestión, incapacidade nas tramitacións e licitacións e fortes discrepancias internas entre os catro socios.

Neste senso, a edil do PP advertiu de que os votos do seu partido van ser “fundamentais” para sacar este proxecto adiante, xa que o goberno carece de maioría absoluta e ademais o BNG “tristemente volve a ser o partido do Non facendo casos ás directrices que lle mandan desde Santiago malia ir contra os intereses de Cambados”.

Así, Fole revelou que o Bloque xa cuestionou o modelo de xestión de residencia proxectado pola Xunta, solicitou a documentación no Parlamento para argumentar a súa oposición e, no propio Concello de Cambados, no seo da comisión informativa celebrada esta semana, votou en contra dunha moción “branca” do PP na que simplemente se pide que se cumprimenten todos os trámites para que a residencia se constrúa no noso concello. “Xa están preparando o camiño para posicionarse en contra, así que o PSOE e Somos non poden contar con eses votos, e paralemente Liso González terá que explicarlle aos cambadeses porque se prega ao que lle di Montse Prado e non ao que interesa a Cambados”, sinalou.

Finalmente, a voceira do PP insistíu en esixirlle celeridade, xestión e avances ao alcalde Samuel Lago tanto para a adhesión ao plan da Xunta –algo que totalmente sinxelo– como para a consecución dunha parcela que cumpra cos requisitos técnicos, a superficie e a catalogación urbanística. “Seguimos a ter moitas dúbidas de que un rexedor e un goberno tan débiles sexan capaces de sacar isto adiante e remitímonos á súa nefasta traxectoria neste mandato, pero desde logo non vai ser polo apoio do PP, que vai ser total”, concluíu.