Comunicado: Mentiras do alcalde sobre a posición do PP nos festivos locais 2027

Cambados, 10 de setembro de 2026

O grupo municipal do PP de Cambados, ante as falsas afirmacións do alcalde, Samuel Lago, sobre a nosa posición en torno á elección dos festivos locais 2027, quere manifestar o seguinte:

1.-O PP de Cambados non está disposto a consentir que o alcalde de Cambados, Samuel Lago, minta sobre o noso posicionamento na elección dos festivos locais 2027 ao asegurar que “manifestou a súa disposición a aceptar o Martes de Entroido, ao tempo que defendía a incorporación do Día do Carme”

2.-En ningún momento de todo este proceso, o PP de Cambados apoiou a elección de ningún festivo do Entroido, posto que os cambadeses non queren un festivo en febreiro, e a nosa proposta centrouse en todo momento no Luns de Pascua e na festividade do Carme.

3.-Dita posición, que está aberta a negociación descartando calquera data do Entroido, que para nós é unha liña vermella, xa quedou clara no pleno celebrado o pasado mes de agosto, tal e como recolleron todos os medios de comunicación e que se pode comprobar nos seguintes enlaces:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2026/08/05/acuerdo-sobre-festivos-locales-primera-victima-tras-ruptura-gobierno-cambades/0003_202608A5C3995.htm

https://www.farodevigo.es/arousa/2026/08/05/abal-varela-exsocios-apoyan-mocion-pp-cambados-censura-su-propia-gestion-133093433.html

https://diariodearousa.elidealgallego.com/cambados/2026-08-04/el-tripartito-ya-sufre-su-minoria-tras-el-desacuerdo-por-los-festivos-locales-871973.html

4.-O PP de Cambados entende a difícil posición do goberno local, posto que é a súa exclusiva responsabilidade sacar adiante os festivos de 2027, pero non vai admitir en ningún caso que o rexedor falte á verdade sobre ás nosas propostas nun intento desesperado de cambiar o relato.

5.-O PP de Cambados ten un modelo de concello e unhas políticas totalmente opostas ás do goberno local, que consideramos que nos levan a unha degradación intolerable, e entre as mesmas tamén se inclúen os festivos, posto que a intención dos partidos de esquerda é eliminar no futuro a patroa de Santa Mariña (18 de xullo, que este ano cae en domingo) para reemprazala polo Entroido nunha medida que consideramos que vai contra as tradicións e a identidade de Cambados.

6.-Finalmente, solicitámoslle ao goberno de Samuel Lago, ante a nosa visión totalmente distinta de Cambados, que centren a busca de acordos nesta materia con que os colocou no goberno, o edil José Ramón Abal, e que deixen de enlear falsamente coas propostas e os posicionamentos políticos do PP de Cambados.