Comunicado: Dimisión do alcalde polas mentiras sobre o proxecto de Orzamentos
Cambados, 4 de maio de 2026
O grupo municipal do PP de Cambados, ante as graves diferenzas no seo do cuatriparito sobre o proxecto de Orzamentos Municipais 2026 e tras as manifestacións falaces do alcalde, Samuel Lago, quere manifestar o seguinte:
1.-O PP de Cambados solicita publicamente a dimisión do alcalde, Samuel Lago, por mentirlle abertamente a todos os veciños asegurando que había un acordo entre os catro socios do executivo para aprobar os Orzamentos Municipais 2026 que foi desmentido de maneira rotunda polo grupo municipal de Cambados Pode. Cremos que este partido independente desautorizou por completo ao rexedor ao sinalar que aínda non había pacto e confirmou que Samuel Lago míntelle á cidadanía sen que se saiban os motivos reais, xa que o seu anuncio responde máis ao seu desexo que á realidade, polo que consideramos que, ante esta falta de respecto aos cambadeses, non merece a responsabilidade que ocupa.
2.-Consideramos de extrema gravidade que o alcalde de Cambados falte á verdade no documento municipal máis importante do ano, xa que os orzamentos son a folla de ruta do que poden agardar os cidadáns, aínda que consideramos que as mentiras non se poden producir en ningún caso e xa incurríu nelas en situacións anteriores, como foi a anunciada suba do IBI.
3.-En caso de que houbera un acordo entre os catro socios, reclamámoslle ao alcalde que o demostre publicamente con probas e, inmediatamente, proceda ao cese inmediato e expulsión do goberno do concelleiro de Cambados Pode, xa que entendemos que o máximo representante da nosa vila non pode compartir goberno con alguén que o desautoriza e o desafía en público.
4.-O PP de Cambados amosa a súa sorpresa polo feito de que o alcalde, en vez de confirmar ou desdecirse na falta de acordo sobre os orzamentos, se limitase a falar doutras cuestións que funcionan mal no seo do executivo, segundo el, por culpa do concelleiro de Cambados Pode, xa que esa non é a cuestión –e algo que loxicamente deberían arranxar internamente–, senón se había ou non acordo sobre o proxecto económico e sobre se mentiu ou non aos cidadáns.
5.-Para o PP de Cambados este lamentable espectáculo público é un exemplo máis de que o noso concello non ten un alcalde que dirixa, goberne e lidere, xa que o grupo de Cambados Pode non lle deixa, senón unha persoa en situación de extrema debilidade ao único que lle importa é manter a súa cadeira, o seu posto e o seu soldo deixando absolutamente de lado o interese xeral e o benestar dos cambadeses.
7.-Consideramos inxustificable que o alcalde diga agora que o concelleiro de Cambados Pode conta cun gabinete de prensa que lle prohibíu ao resto do goberno, xa que se é así é porque el, o PSOE, Somos e o BNG llo permiten, e tamén que lle reprochara que se abonaran 390.000 euros en facturas de Obras o pasado decembro polos recurtes nas demais concellerías, xa que iso demostra que non hai un goberno que funcione en común senón departamentos-estanco e reinos de taifas no que cada un fai o que lle peta.
8.-Finalmente, desde o PP de Cambados tamén calificamos de lamentables e falsas as manifestacións do concelleiro de Cambados Pode, xa que se a situación económica do Concello é das peores de Galicia é basicamente pola súa responsabilidade, coa complicidade covarde dos outros tres grupos, e ademais non deixa de ser surrealista que presuma de que o Concello non ten gabinete de prensa grazas a el, cando el mesmo ten un ao seu servizo.