A xunta local do PP de Rodeiro celebra a súa Cea de Nadal
Sábado, 6 de decembro de 2025
A xunta local do PP de Rodeiro celebrou nesta ponte da Constitución unha Cea de Nadal que estivo encabezada pola presidenta da agrupación e voceira municipal, Cati Somoza, que tamén contou coa presenza do presidente provincial e da Deputación, Luis López. Así mesmo, asistiron os concelleiros do grupo municipal e os integrantes da directiva saída do congreso celebrado na pasada primavera.
O PP de Rodeiro aproveitou este primeiro acto para felicitar o Nadal e xa está a traballar na organización do Pincho de Nadal que terá lugar nas próximas festas e que estará destinado a todos os militantes, simpatizantes e colaboradores.