A XIX Romaría Popular do Castrove celebrarase o domingo 31 de maio

04, maio, 2026

O Partido Popular de Poio celebrará o domingo 31 de maio a 19ª edición da súa tradicional Romaría no Monte Castrove con afiliados e simpatizantes.

Nunha carta remitida á militancia, o alcalde e presidente local do PP, Ángel Moldes, destacou que a xuntanza terá unha especial significación, ao coincidir co terceiro aniversario da vitoria nas eleccións municipais de 2023, e con ela “a chegada a Poio dun goberno único e unido, que estou orgulloso de liderar”.

“Un Goberno que neste tempo conseguiu máis e mellores servizos e investimentos, reduciu a débeda e impulsou una política fiscal máis xusta para as familias do noso Concello”, indicou o líder popular, e que traballa por facer de Poio “o mellor lugar para vivir traballar e investir”.

Moldes subliñou que “Poio está hoxe no seu mellor momento”, polo que a Romaría servirá para reivindicar o papel que desempeñan nesa situación “o respaldo da gran familia do Partido Popular” en compañía de afiliados, simpatizantes e veciños. Por iso convida a todos a “celebrar, xuntos, todo o que nos une” e confirmar “o empeño en construír un futuro mellor para a veciñanza”.

Os asistentes desfrutarán, como en pasadas edicións, dun xantar de confraternización con empanada, churrasco e sobremesa, así como actuacións musicais, unha zona de xogos para os máis pequenos e distintas actividades que se desenvolverán no emprazamento habitual no Monte do Castro.

Desde o PP recordan que o xantar está aberto a toda a veciñanza, e indican que que todas as persoas que queiran asistir poden reservar as súas entradas na sede local do partido nos horarios habituais, poñéndose en contacto cos membros da executiva popular ou chamando ao número de teléfono 986 77 22 25. A data límite para anotarse será o mércores 20 de maio. Como noutras edicións, contarase con animación musical e xogos para os máis pequenos. O menú terá un prezo de 20 euros por persoa.