A cea de Nadal do PP de Poio celebrarase o sábado 13 de decembro no restaurante “La Nueva Parada” de Combarro
2 de decembro de 2025
Como é costume nestas datas, o PP de Poio ultima xa os preparativos para a súa tradicional Cea de Nadal con afiliados e simpatizantes, que este ano terá lugar o sábado 13 de decembro, ás 21.00 horas, no restaurante “La Nueva Parada”, en Combarro. O encontro contará cun menú propio destas datas e a ambientación musical do Grupo Azabache. Espérase tamén a presenza de líderes do PP locais, provinciais e autonómicos. O prezo por persoa será de 45 euros.
Desde a dirección local explican que esta xornada servirá tamén para celebrar que Poio está “no seu mellor momento”, cun Goberno municipal que continúa mellorando a vida dos veciños e veciñas, con máis investimentos, mellores servizos e menos impostos, facendo realidade o programa de goberno que recibiu un amplo respaldo nas eleccións municipais de maio de 2023. Contan ademais co respaldo e a colaboración da Deputación de Pontevedra presidida por Luis López e da Xunta de Galicia presidida por Alfonso Rueda,
O presidente local e alcalde, Ángel Moldes, agarda poder contar “co maior número posible de afiliados, amigos e simpatizantes” para brindar polo traballo realizado e polos retos de 2026, nun ambiente distendido e familiar.
Moitos afiliados e simpatizantes xa comezaron a confirmar a súa asistencia. As invitacións poden reservarse ata o martes 9 de decembro chamando ou enviando un WhatsApp aos teléfonos 648 043 571 e 986 77 22 25, mediante correo electrónico á dirección ppdepoio@gmail.com ou cunha mensaxe nas redes sociais do PP de Poio. Tamén poderán adquirirse e recollerse na sede local, os luns de 19:30 a 22:00 h, e nos locais habituais.