200 persoas asisten ao Pincho de Nadal do PP de Rodeiro
29 de decembro de 2025
O PP de Rodeiro celebrou onte á noite o seu 3º Pincho de Nadal, que reuníu a uns 200 militantes, simpatizantes e colaboradores que encheron as dúas salas do Hostal As Carpinteiras e aproveitaron para felicitarse as festas e engraxar o traballo político de cara ao ano preelectoral 2026.
O acto estivo encabezado pola voceira municipal e presidenta do PP local, Cati Somoza, e tamén contou coa presenza do presidente provincial e da Deputación, Luis López, dos deputados populares Juan Bayón e Raúl Santamaría, do alcalde lalinense José Crespo, da voceira do PP de Agolada, Carmen Seijas, do tenente de alcalde de Dozón Carlos Dafonte e do ex alcalde de Rodeiro Eliseo Diéguez, entre outros.
Cati Somoza dirixíuse aos presentes para agradecerlles o enorme apoio, o cariño e a unidade e fortaleza amosada polo partido malia as dificultades que sempre implica estar na oposición e convidounos a seguir traballando arreo co obxectivo de recuperar a Alcaldía en 2027.
Pola súa banda, Luis López reiterou o seu «compromiso absoluto» cos veciños de Rodeiro «aos que non lles vou fallar nunca» e centrou o seu obxectivo en realizar o maior número de investimentos no municipio desde a Deputación de Pontevedra.