150 persoas asisten ao Pincho de Nadal do PP de Tomiño
29 de decembro de 2025
O PP de Tomiño vén de celebrar o seu tradicional Pincho de Nadal, que reuníu a uns 150 militantes, simpatizantes e colaboradores que aproveitaron para felicitarse as festas e engraxar o traballo político de cara ao ano preelectoral 2026.
O acto estivo encabezado pola presidenta do PP local, Lara Meneses, e tamén contou coa presenza do presidente provincial e da Deputación, Luis López, da voceira municipal, Mónica Otero, da deputada nacional Irene Garrido, da senadora Nidia Arévalo e doutros compañeiros da comarca do Baixo Miño.
Lara Meneses dirixíuse aos presentes para agradecerlles o enorme apoio, o cariño e a unidade e fortaleza amosada polo partido malia as dificultades que sempre implica estar na oposición e convidounos a seguir traballando arreo co obxectivo de conquistar a Alcaldía en 2027.