Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

 

Únete a nos

Contamos contigo

Con máis de 700.000 afiliados, o Partido Popular é a organización política con maior base social de España. Na provincia de Pontevedra, esta formación é tamén a primeira forza política, aglutinando baixo as súas siglas a máis de 33.000 afiliados.
Unha gran comunidade, cohesionada e forte, que conforma a verdadeira esencia do PP provincial e o seu maior valor como organización. Cada novo cidadán que se suma á nosa formación crea un novo lazo de unión coa sociedade e reforza un pouco máis o partido.
Por iso, apostamos por unha formación aberta á participación e que facilite a integración de todos os que compartides os ideais do PP. Animámoste, pois, a coñecer o partido e a sumarte a el se así o desexas. Contamos contigo
 

Requisitos

Para afiliarse ao Partido Popular é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.

  • Ser español ou cidadán dalgún país da Unión Europea residente en España

  • Non militar en ningún outro partido, salvo no caso dos residentes no extranxeiro ou no dos cidadáns doutros países da UE, que poderán estar afiliados a partidos do seu país sempre e cando estes sexan afíns ao Partido Popular.

  • Coñecer e asumir os Estatutos do partido, así como os seus principios de actuación.

  • Cubrir a ficha de afiliado e presentala na sede do partido da localidade na que estea establecida a residencia da persoa que quere afiliarse.

  • Ter o aval de dúas persoas que xa sexan afiliados do partido.

Como afiliarse

Para afiliarse ao Partido Popular, é preciso presentar unha solicitude de afiliación por escrito e segundo o modelo aprobado polo Comité Executivo Nacional (que poderá descargarse desta páxina web) asinada por quen desexa afiliarse e máis por outros dous militantes do partido que lle servirán de aval.
Unha vez cuberta, a solicitude presentase ante na sede local máis próxima ao lugar de residencia e será o Comité Executivo Provincial quen resolva sobre a procedencia ou denegación da admisión como afiliado do partido en calquera das súas dúas modalidades: militante ou simpatizante:

Novas Xeracións

Novas Xeracións de Pontevedra é unha organización política xuvenil que agrupa á mocidade do Partido Popular. Cunha ideoloxía de centro reformista e vocación galeguista, a súa actividade está centrada nos máis novos, aos que pretende facilitarlle a plena participación na vida interna do PP.
Por iso, se tes entre 18 e 28 anos podeste afiliar ao PP a través de Novas Xeracións. Tamén podes integrarte nesta agrupación política xuvenil se tes entre 16 e 18 anos, aínda que neste caso non acadarás plenitude de dereitos como afiliado ao Partido Popular ata a túa maioría de idade.
 

Contacto