Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa ao Bipartito da Deputación de “pasividade e falta de xestión” no Polígono de Barro, onde son incapaces de vender unha soa parcela desde o cambio de Goberno

    • Os deputados Luis Aragunde e Salomé Peña recordan a Carmela Silva que “non só hai que recoller os froitos do traballo  herdado e vivir das rendas que deixou o goberno do PP, hai que ter previsión e xestionar”.
    • Sinalan que a gran diferencia entre o PP e a nova Deputación é que mentres os populares apostan polo emprego, PSOE e BNG aproban mocións para pechar empresas na provincia.
    • Landín, voceiro do PP de Barro, reclama medidas de incentivo para que se instalen novas empresas que cren emprego e sinte mágoa de ver o abandono a través da falla de limpeza, silvas e salgueiros nas parcelas baleiras.

     

    Barro, 8 de agosto de 2018.- Os deputados provinciais do PP, Luis Aragunde e Salomé Peña, e José Antonio Landín Eirín, voceiro local do partido, acusaron esta mañá ao goberno bipartito da Deputación de Pontevedra de “pasividade, ineficacia e falta de xestión” no polígono industrial de Barro, que fai que desde que chegaron Carmela Silva e Cesáreo Mosquera ao fronte desta institución non se instalara nin unha soa empresa nova neste espazo, un “fracaso absoluto”.

    Segundo o deputado popular Luis Aragunde “herdaron un polígono industrial feito, coa maioría das parcelas adxudicadas e vendidas na etapa do goberno do PP e desde que mudou o goberno na Deputación non se trouxo ningunha empresa nova para este polígono industrial”.

    Pola súa banda Salomé engadiu que “hai poucos meses sacaron 36 parcelas a concurso e todas elas quedaron vacantes, totalmente desertas co cal Carmela Silva só ven a este polígono a sacarse fotos cos froitos da xestión herdada, pero nada máis. Non fan nada cun polígono que está ubicado nun lugar xeoestratéxico, en pleno corazón do eixo atlántico galego e cuns servizos de primeiro nivel”.

    “HOXE EN LUGAR DE FALAR DUNHA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO VEMOS QUE NIN SIQUERA SE ACABAN DE COLOCAR AS PARCELAS EXISTENTES”

    Peña engadiu que “en lugar de estar a falar hoxe dunha posible ampliación deste polígono estamos vendo como nin sequera se acaban de colocar as parcelas que aínda están desocupadas. Así, como sabemos, Froiz está a instalar a gran parte da súa infraestrutura operativa no polígono e, pese a ter un gran número de empresas auxiliares e subministradoras que traballan para este importante grupo galego da alimentación non se está facendo nada para que se asenten aquí e, en lugar de estar falando de posibles ampliacións, se estea nunha situación de desidia importante por parte do bipartito da Deputación”.

    A deputada popular apostou porque se mude esta situación e instou o bipartito da Deputación “a que se poña a traballar, que busquen alternativas, que incentiven a chegada de empresas e, deste xeito, favorezan a creación de emprego estable e de calidade que é o que precisamos nesta comarca e na provincia de Pontevedra”.

    PEÑA: “ESTAMOS CANSOS DESTE GOBERNO DE TITULARES, DE POSTUREO, QUE SE POÑAN A TRABALLAR E QUE TRAIAN EMPRESAS QUE CREN EMPREGOQUE É DO QUE SE TRATA”

    Para a deputada provincial do PP “a diferencia entre a política do Partido Popular e o bipartito está as claras. O PP crea un polígono industrial, pono en funcionamento e asina compromisos con 40 empresas para que se instalen e cando chegan eles, aparte de herdar un polígono moderno, competitivo, funcionando e con empresas, son incapaces de adxudicar tan sequera unha única parcela. Herdaron os froitos do traballo do Partido Popular e son incapaces de facer absolutamente nada. Estamos cansos deste goberno de titulares, de postureo, que se poñan a traballar e que traian empresas que cren emprego que é do que se trata”.

    Nesta liña, engadiu que o polígono de Barro é un exemplo “moi clarificante” da diferencia entre a xestión do PP e o Bipartito PSOE-BNG. “Mentres uns apostamos polo emprego, coa construción deste polígono e o asentamento de empresas importantes na comarca, PSOE e BNG aproban mocións no pleno para pechar empresas que dan emprego de calidade na nosa provincia”.

    Pola súa banda, José Antonio Landín confesou sentir mágoa pola actual situación do polígono. “Sinto unha gran pena cando vexo esta imaxe, con maleza e incluso salgueiros que medran do abandonado que está o polígono. Esta Deputación emprega o seu tempo en facer algún que outro lombo, limpar unhas silvas de forma manual e algunha que outra “gaiteirada”, con tódolos respectos pola gaita, pero nada máis”.

    LANDÍN: “HAI QUE MIRAR O QUE FAN AO OUTRO LADO DO MIÑO, OS NOSO VECIÑOS PORTUGUESES, CON MEDIDAS QUE INCENTIVAN A CREACIÓN DE EMPRESAS E EMPREGO”

    Landín insistiu en que “hai dous anos propuxemos no Concello unha rebaixa de impostos que facilitara a instalación de novas empresas no polígono e incluso a exención do IBI durante uns anos, bonificacións, etc. Só veñen a facerse fotos e a presumir no viveiro de empresas, pero o que hai que dicir é que xa estaba feito, e promocionar o polígono é algo máis como por exemplo o que están a facer ao outro lado do Miño os nosos veciños portugueses con medidas que incentivan a implantación de empresas como fórmulas de alugueiro con dereito a compra ao cabo de 30 anos ou iniciativas similares que vaian na senda da creación de empresa e emprego na zona”, concluíu.