Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • A COALICIÓN PSOE-UDDL DEIXA SEN POSIBILIDADE DE TRABALLAR DURANTE UN ANO A 27 PERSOAS SEN EMPREGO NO PORRIÑO

    • A falta de planificación do Goberno Municipal, a súa aposta pola privatización dos servizos, e en definitiva, a nefasta xestión en materia de emprego e formación  do executivo local os leva a desaproveitar achegas económicas nun área tan sensible como o emprego
    • O Plan Concellos 18-19 da Deputación de Pontevedra permitía a contratación de 27 persoas desempregadas durante un ano finalizando os contratos necesariamente o 31 de decembro. O Concello solicita a contratación tan só por sete meses e 21 días e, a día de hoxe, os procesos de selección ainda non están resoltos

     

    O Porriño, 8 de agosto de 2018.- A falta de previsión da coalición PSOE-UDDL deixa sen posiblidade de traballar durante un ano a 27 persoas sen emprego do Porriño.

    Tal e como anunciara o Goberno Municipal, o pasado 3 de xaneiro publicáronse no BOPP as bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos 2018-19 da Deputación de Pontevedra que inclúe unha liña de subvencións para a contratación de persoas desempregadas mediante a cal se podría contratar a 27 persoas durante un ano a xornada completa. Estes contratos poderían iniciarse dende xaneiro e finalizar como máximo o 31 de decembro de 2018. Pois ben, a falta de dilixencia do executivo que preside Eva García, deixa a estas persoas sen a oportunidade de traballar durante todo un ano pois, a día de hoxe os procesos de selección -que se fixeron sen publicidade algunha que dera opción a todos os veciños e veciñas a rexistrarse nas especialidades requeridas- non están resoltos. Desaproveitando as achegas económicas nun área tan sensible como é o desemprego o Goberno Municipal solicitou a contratación destes traballadores tan só durante un periodo de 7 meses e 21 días,  periodo que non se vai cubrir.

    A mala xestión da coalición, non só afecta aos traballadores, senón ao Concello do Porriño que prescinde así de persoal para levar a cabo as tarefas que ían desempeñar estas persoas en Parques, Xardíns e limpeza, Vías e Obras, UAD, eduación, recursos humanos e arquivo.

    "Non hai forma de xustificar que se desaproveiten estas axudas quE durante anos permitiron ao Concello dispñer de persoal para estas áreas e non ter a necesidade de contratar estes servizos de maneira externa", apunta M. Alejandro Lorenzo, " A falta de planificación, a súa aposta pola privatización dos servizos, e en definitiva, a nefasta xestión en materia de emprego e formación deste Goberno Municipal os leva a deixar sen un posto de traballo a persoas que se atopan en situación de desemprego. A súa irresponsabilidade deixa a aos porriñeses sen esta posibilidade da que xa se están beneficiando fai meses os veciños e veciñas doutros concellos da provincia".

    A falta de implicación do executivo no eido do emprego e da formación quedou evidenciada, por exemplo,  ao renunciar aos cursos de formación AFD para persoas desempregadas. Neste sentido, dende o PP reclaman da Alcaldesa e os seus Concelleiros que, dunha vez por todas,  deixen de gabarse de logros alleos para ocultar a súa falta de planificación e traballo no eido do emprego e se impliquen co problema do desemprego na vila que, a día de hoxe, continúa a ser unha realidade para moitos veciños e veciñas do Porriño.

    Entenden os populares que a privatización dos servizos pola que aposta a coalición, tal e como levaron a pleno,   é unha prioridade que marca a súa liña política, a pesar de que todos estes servicios se leven a cabo sen ningún tipo de contrato. O Porriño si baixa a números históricos en desemprego como o fan o resto dos Concellos da comarca, e  así o explota o Goberno Municipal do Porriño, máis...  cales son os datos reais de insercións realizadas por este Concello?, cales son as accións formativas que se realizan para as persoas desempregadas?, cales son as axudas a emprendedores que promove este Goberno?,  onde están  as  axudas do Concello a empresas por contratar a desempregados?. Son estas preguntas que a coalición xamais responderá á veciñanza. Atrás quedaron estas iniciativas, así como o Premio a Emprendedores, as tramitacións de subvencións a emprendedores, os tan criticados Feiróns de emprego que deron a oportunidde de traballar a moitos e moitas porriñeses. Atrás quedaron todas estas iniciativas para a creación e fomento do emprego no municipio mentres o Goberno Municipal se limita a tramitar as subvencionadas pola Xunta de Galicia (e non todas). Por tanto, onde está a política local de Emprego?