Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide un PXOM para todos «e non so para os amigos do Bipartito»

    • Sospeitan que empresarios e particulares cercanos a PSOE e BNG están a comprar terreos rústicos e edificios en ruínas porque saben que próximamente pasarán a ter máis valor, e «iso ten un nome: especulación».
    • Os populares recordan que Poio «debe ser o único concello de toda Galicia onde se mandou un documento á Xunta sen que pasase por unha comisión municipal».

     

    Poio, 06 de maio de 2018. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón insistiu hoxe na necesidade de que o BNG e o PSOE fagan público dunha vez o proxecto de PXOM co que xa están traballando e que o fagan na comisión que xa está constituida e que ten o dereito e o deber de coñecer este documento: a comisión municipal de urbanismo.

    Cochón recalcou que «as desculpas sobre as fases de tramitación» aducidas polo edil de urbanismo Gregorio Agís non son válidas porque «o Bipartito xa saltou o primeiro paso, que era levalo á comisión», enviando un documento á Xunta, o que converte Poio no único concello de toda Galicia, a xuízo dos populares, no que se enviou o proxecto de PXOM á Xunta antes de que pasara pola comisión de urbanismo e de que os veciños tivesen a oportunidade de coñecer o seu contido.

    A concelleira do PP preguntou «cal é o motivo de non querer amosar o documento» e di sospeitar que o motivo de mantelo oculto é para que «os únicos que o coñezan sexan os amigos do actual goberno e así poidan seguir facendo negocios e caciqueando co urbanismo»

    «Sabemos que o documento inicial do PXOM xa existe e que os amigos do BNG e o PSOE xa o coñecen», explicou Cochón, que advertiu que «é imposible ocultar as evidencias», xa que nos últimos tempos empresarios e particulares cercanos aos partidos no goberno achegáronse a veciños de distintos lugares do concello para propoñer ou pechar negocios «que cheiran a que xa saben o futuro».

    A concelleira popular explicou que houbo compras por parte destes empresarios de terrenos rurais e de pouco valor e de edificios e locais aparentemente en ruinas «porque hai xente que xa sabe por onde vai o PXOM».

    Cochón apuntou a outra circunstancia e é que «zonas que teñen espazo para crecer, suministros e servizos, os amigos do Bipartito non buscan crecer , pero hai interese en zonas como a parte alta de Raxó ou zonas de Samieira que actualmente nin están urbanizadas nin teñen subministros ou servizos pero por donde pasaría o famoso corredor que planea o Bipartito e que probablemente levan nese PXOM que teñen no caixón».

    Segundo a popular, «manter o documento oculto ten a única finalidade de que os amigos de BNG e PSOE poidan seguir comprando terrenos e edificios a prezos baixos porque saben que próximamente pasarán a estar recalificados e a ter máis valor, «e iso ten un nome: especulación».

    Cochón preguntou por que todos os veciños non poden ter as mesmas oportunidades de coñecer o proxecto de PXOM, «e non só os amigos do alcalde», e para que iso suceda, o Bipartito debe ensinar o documento dunha vez: «Estamos acostumados ás descalificacións dos responsables do goberno, en particular de Agís, pero con insultos non poderán seguir ocultando as cacicadas que están a facer cos plans de usos e outras decisións, nin o caos urbanístico no que están metendo ao concello».

    Cochón respondeu tamén ás últimas descalificacións de Agís, enfadado porque se lle recorde as irregularidades que cometeron en relación á Travesía do Castelo, un terreo privado ocupado ilegalmente polo concello e que o Bipartito expropiou despois de que a Audiencia Provincial lle dese a razón aos seus propietarios.

    Despois das declaracións de Agís sobre a suposta “ignorancia” de Cochón, a popular preguntou se acaso non é coñecido por todos que a Xustiza quitou a razón ao concello e os veciños lle gañaron o xuizo ao concello, e despois de que Agís reprochase á popular que esta non se pronunciase sobre estes asuntos en comisión, Cochón respondeu que «do PXOM non se pode pronunciar ninguén en comisión, precisamente porque Agís non nolo quere amosar, e da expropiación do vieiro xunto ao castelo de Graña, ou de moitas das cacicadas do Bipartito tamén é dificil debatir en comisión, porque xa o levan directamente á Xunta de Goberno».