Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ángel Moldes: “a Carmela Silva parécenlle pouco os 23 millóns da Xunta e ela é incapaz de repartir un euro entre os concellos”

    Sobre os investimentos para paliar os danos da vaga de lumes de outubro,

    • O voceiro do grupo provincial convida á presidenta a que se involucre e cubra o 50% dos danos que se declararon en bens de titularidade municipal, como xa o fan outras institucións provinciais.

     

    Pontevedra, 06 de xuño de 2018.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, critica o “atrevemento” da presidenta da Deputación, Carmela Silva, para chamar limosna aos 23 millóns de axudas da Xunta para paliar os danos da vaga de lumes de outubro, cando a día de hoxe a Deputación de Pontevedra non destinou axudas económicas a ningún dos concellos afectados nesta provincia.

    “A Carmela Silva parécenlle pouco os 23 millóns da Xunta, e ela é incapaz de repartir un só euro entre os concellos, a pesar de que é a Deputación de Pontevedra a administración máis próxima a eles”, lamentou Moldes, que convida á presidenta a que “de unha vez por todas se deixe de postureos e se involucre de verdade, como xa están facendo outras institucións provinciais”.

    O popular recorda que na caixa da Deputación “hai cartos” para poder facer fronte a esta ou outras axudas, “sempre que haxa vontade real”. O problema, insiste, é que “este Goberno e esta presidenta levan tres anos de discursos baleiros de contido, con moitas palabras e anuncios que buscan un impacto mediático, pero con moi pouca xestión”.

    Así, apunta que na caixa da Deputación hai 163 millóns de euros por non ser capaz o Bipartito de executar os orzamentos na súa totalidade nos últimos anos, polo que o PP convida a Carmela Silva a que gaste un destes millóns para facer fronte ao 50% dos danos que se declararon en bens de titularidade municipal en 41 concellos da provincia. En total, explica Moldes, os danos teñen un valor de 2 millóns de euros, pero do millón restante xa se encarga a Vicepresidencia da Xunta. “Recursos hai, polo tanto o que falta é vontade para colaborar cos concellos”.

    O voceiro critica, ademais, que Carmela Silva non aprobou o reparto de un só euro a pesar de que prometeu 90 millóns en axudas para socorrer aos concellos, “un compromiso que fixo a golpe de impulsos mediáticos e que sabía que ía incumprir”.

     

    Moldes lamenta que cando todas as administración deberían ter traballado de forma conxunta e coordinada para axudar aos concellos, sexa precisamente a  Deputación a que estea restando.