Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os populares esixen melloras na rúa de Monte do Taco

     Tras manter unha reunión co asociación de veciños Río dos Gafos,

    • Destacan a necesidade de reasfaltar a zona posto que a calzada data dos anos 90, ademais de facer visible un desnivel da rúa que está a provocar problemas.
    • Jacobo Moreira comprometeuse a estudar a posibilidade de crear prazas de aparcamento para residentes ante a falta de garaxe na maioría das vivendas da zona.

     

    Pontevedra 15, maio, 2018.- A formación popular solicitará ao Goberno de Lores a execución de melloras no entorno da rúa de Monte do Taco. Así o anunciou este martes o portavoz popular, Jacobo Moreira, tras manter unha reunión coa asociación de veciños Río dos Gafos e escoitar as súas demandas para a zona.

    Entre as peticións formuladas polos veciños, os populares destacan a necesidade de asfaltar a calzada, deteriorada co paso do tempo pois data dos anos 90, e facer visible un desnivel da rúa que está a provocar numerosos problemas, “podería darse solución coa instalación duns pivotes que delimitasen o lugar”, suxeriu o edil popular. Ademais de solicitar unha maior limpeza no entorno da rúa xa que, entre outras cuestións, “poden pasar días sen que se baleiren as papeleiras”, puntualizou Moreira.

    Por outra banda, a formación popular comprometeuse a estudar a posibilidade de destinar algunhas prazas de aparcamento da rúa Monte do Taco para residentes, “a maioría dos veciños non contan con garaxe, un problema que afecta arredor de 15 vivendas e que podería terse solucionado ofrecendo esta posibilidade”, sinalou o portavoz dos populares quen incluso solicitará a implantación dunha praza de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. “Trátase dun lugar complexo, cuxos veciños reclaman o mesmo trato que noutras zonas da cidade”, sinalou Jacobo Moreira.

    Todas estas melloras serán solicitadas a través dunha moción que a formación popular presentará en Pleno e que espera contar co apoio xa non só do Goberno de Lores, senón de toda a Corporación.