Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia a falta de mantemento dos aparcadoiros públicos de Silleda

    • O acceso a través da rúa e totalmente inaccesible.
    • A falta de mantemento fai que moitos veciños non podan usar este aparcadoiro.
    • A actitude de deixadez do Concello contrasta ca dos veciños que ceden parcelas gratuitamente para ter mellor servizos na vila.

     

    Silleda,12 de maio de 2018.- O Partido Popular de Silleda denuncia o estado no que se encontran os aparcadoiros públicos que se encontran no casco urbano, e que pola falta de mantemento do Concello se encontran prácticamente inutilizados.

    Un dos casos máis graves e o do aparcadoiro sitúado entre a Rúa D, na baixada dende a Igrexa ata a pista de Toiriz, e a rúa Braña do Medio, que se encontra prácticamente intransitable polos númerosas fochancas que fai que sexa case imposible para os turismos acceder a él.

    Este é un dos aparcadoiros máis utilizados polos veciños de todo o Concello, pola súa proximidade a numerosos comercios e servizos da vila, sen embargo a falla de mantemento fai que a xente teña que buscar alternativas a este aparcadoiro incrementándose o tráfico na zona, e a incomodidade para todolos veciños e comercios locais.

    Dende o Partido Popular de Silleda sinalan que “A actidude do Concello, descoidando o mantemento destes servizos contrasta coa actitude dos veciños que ceden as parcelas gratuitamente para que a vila conte con uns mellores servizos, o que consideramos que non e de recibo, ademáis de unha falla de respeto para os veciños que ceden ó Concello as súas propiedades.”

    Por elo os Populares solicitanlle ó señor Cuíña que non mire para outro lado como ocurre noutros casos como o dos Colexios Públicos, ou a biblioteca municipal, e que acometa de maneira urxente as labores de mantemento que lle corresponden, para que todolos silledenses podan contar cos servizos públicos dos que dispón o Concello en perfecto estado.