Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa á presidenta da Deputación de acceder aos “caprichos de Uxío” e gastar 50.000 euros nun despacho a conta de reduci-lo espazo de traballo dos funcionarios

    • O representante popular Luís Aragunde considera que as obras son innecesarias despois de que o edificio sufrira unha profunda remodelación e pola casi nula presenza do deputado delegado de Obras nese centro de traballo.

     

    Pontevedra, 13 de marzo de 2018.- O grupo Popular na Deputación de Pontevedra acusa á presidenta Carmela Silva de acceder “aos caprichos de Uxío” Benítez para “evitar novos cabreos cos seus socios de goberno e permitir o derroche de 50.000 euros en ampliar dun xeito suntuoso un despacho no edificio administrativo do ente provincial (antiga Delegación de Educación da Xunta) achicando para elo o espazo de traballo dos funcionarios, e dificultando as condicións normais para desempeña-las súas funcións”, segundo manifestou o deputado popular Luís Aragunde despois de visitar as obras que se están a levar a cabo.

    O popular criticou esta iniciativa, “a un ano de que finalice o mandato deste bigoberno polo que supón de innecesario toda vez que vai ser o capricho dun deputado delegado, como Uxío Benítez, que apenas pasa por este centro de traballo para realizar labores de xestión e coordinación do seu departamento, un dos máis ineficientes dos que existen no ente provincial desde que chegaron os socialistas e os nacionalistas como ben saben os alcaldes e os veciños da provincia”.

    Para o deputado provincial popular esta “é unha mostra máis da falla de iniciativas e carencia de proxectos que ten o bipartito para a provincia de Pontevedra e unha nula capacidade de xestión que fai que non saiban que facer cos cartos da Deputación e gástannos na primeira ocurrencia que se lles ven á cabeza sabedores de que pasa o tempo e non son quen de executa-los orzamentos dos que dispoñen por falta de proxectos, iniciativa e capacidade de administrar os bens públicos en función dos intereses e as necesidades dos veciños e veciñas da provincia”.

    O representante do PP na Deputación indica tamén que “este capricho de ter un despacho grande, espazoso e suntuoso de Uxío Benítez pon ás claras a falta de previsión e planificación do bipartito sabedor de que non hai moito tempo este edificio administrativo sufriu un proceso recente de obras de modernización e remodelación no que os espazos estaban xa delimitados”.

    “Coa ampliación deste despacho o que se consegue é reducir o lugar e as condicións de traballo dos funcionarios e limitar o espazo ao servizo dos cidadáns, verdadeiros destinatarios da acción de goberno e dos investimentos públicos e non os egos persoais”, asegura Luís Aragunde.