Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP LOCAL DE O GROVE AMOSA A SUA SATISFACCIÓN POLO VEREDICTO DO XURADO DE MONTES

    • O expediente foi unha loita do anterior Alcalde Miguel A. Pérez 

     

    O Grove, 12 de Marzo de 2018.- Dende o Partido Popular de O Grove queremos facer pública a nosa satisfacción perante a resolución dictada o pasado 26 de febreiro polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes en Man Común de Pontevedra, en virtude da cal se desestima o recurso de reposición presentado polo Concello de Sanxenxo e a Comunidade de Montes de Noalla para reclamar a titularidade do monte da Lanzada. 

    Queremos tamén destacar e agradecer o inmenso traballo e a magnifica colaboración das Comunidades de Montes de San Vicente e San Martiño, conxuntamente co Goberno Local do Concello de O Grove, gobernado naqueles intres polo Alcalde do Partido Popular Miguel A. Pérez, na defensa dos bens públicos e dos intereses dos veciños de O Grove. 

    Non esquezamos que foi precisamente este Goberno do Popular Miguel A. Pérez quen comenza esta loita en Xullo de 2003, solicitando a revisión da clasificación feita polo Xurado Provincial de Montes do Monte da Lanzada en favor dos comuneros de Noalla. E foi tamen este Goberno do Partido Popular, quen un ano despois denuncia dita clasificación diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

    En definitiva, alegramonos moito desta decisión do Xurado Provincial de Montes e de que teña sido un Alcalde do Partido Popular, Miguel A. Pérez, o que encabezara fai 15 anos esta loita pola titularidade da Lanzada.