Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP LEVA ADIANTE QUE O PARLAMENTO DEMANDE AO GOBERNO CENTRAL QUE SIGA PERMITINDO A EXISTENCIA DAS COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGA

    • O Portavoz Municipal do Partido Popular de Tomiño, Esteban Gonz. Miranda, calificou de imprescindible a reuníon mantida na sede de Coxapo; a que asistiron o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, delegado Cores Tourís e o deputado da comarca Moises Rodríguez.
    • “A modificación do artigo 124.2 do Regulamento Hidráulico é a solución aos problemas que se atopan as traidas para renovar as concesións das mesmas”.

     

    Tomiño 24 de febreiro 2018.- O Partido Popular de Tomiño celebra que o Parlamento de Galicia aprovase, a iniciatica do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que modifique o artigo 124.2 do Regulamento Dominio Público Hidráulico, de xeito que se siga permitindo a existencia das comunidades de usuarios de auga.

    Así mesmo, demándase que a Xunta impulse a constitución dun grupo de traballo coa Fegamp, as comunidades de usuarios e representantes dos organismos con competencia territorial en Galicia para o estudio da problemática asociada as traídas veciñais en relación coas competencias municipais e a coexistencia dos modelos de abastecemento municipal e veciñal.

    Esteban Gonz. Miranda, portavoz municipal do Partido Popular, califica de imprescindible a reunión mantida o pasado mes de agosto na sede de Coxapo, a que asistiron a petición de Esteban Gonzalez; o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, o delegado da Xunta en pontevedra Cores Tourís e o deputado da comarca Moises Rodríguez, sendo coñededores de primeira man da problématica actual pola que estaban pasando as comunidades de augas. “E de agradecer a predisposición mostrada polo vicepresidente Alfonso Rueda que mostrou o seu apoio e a intención de dar solución a este problema. O resultado témolo en que o Parlamento de Galicia aprobou a moción presentada polo Partido Popular, coa abstención de Bng e Mareas. Demostrando que ao PP si lle importan as comunidades de augas, como se ven demostrando coas liñas de axudas presentadas pola Xunta nestes anos, das que as traidas de Tomiño sairon moi beneficiadas”, recalca Esteban Gonz. Miranda.

    O deputado popular Moisés Rodríguez salientou “a importancia das comunidades de usuarios da auga son de grande importancia en Galicia, xa que unha parte importante da poboación galega se autoabastece ben a través delas ou ben de pozos particulares”. En concreto, estimou en arredor de 650.000 usuarios de auga os que se abastecen na Comunidade galega a través destas comunidades de usuarios.

    RENOVAR AS CONCESIÓNS

    Moisés Rodríguez sinalou que “estas comunidades de usuarios estanse encontrando con dificultades para renovar as súas concesións en determinados supostos cando existe abastecemento desde instalacións municipais debido á regulación establecida na normativa estatal de augas”.

    “Os concellos teñen a responsabilidade de asegurar que a auga subministrada a través de calquera rede de distribución, cisterrna ou depósito móbil, no seu ámbito territorial, sexa apta para o consumo no punto de entrega ao consumidor”, lembrou o deputado popular.

    Porén, indicou que os concellos galegos “mostran a súa preocupación por concretar aspectos relacionados co ámbito das comunidades de usuarios respecto da normativa de augas, en especial cos conflitos que poden derivar da competencia municipal de control de calidade das augas para subministro e por atopar o xeito adecuado de cumprir coas súas responsabilidades”.

    VONTADE COMÚN

    Moisés Rodríguez avogou porque “exista unha vontade común de cara a fomentar a colaboración entre a administración da auga, as administracións locais e os administrados para avanzar na consecución dos obxectivos ambientais que nos son comúns e na mellora da eficiencia e eficacia da prestación dos servizos esenciais que compartimos”.

    “Para isto debemos traballar para conseguir acordos que faciliten a continuidade das comunidades de usuarios e a convivencia de modelos de abastecemento diversos, sempre que haxa cumprimento da legalidade e unha xestión respectuosa coa asunción de responsabilidades por todas as administracións que permita garantir a sostibilidade ambiental e a protección do medio hídrico”, afirmou.