Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP solicita información sobre os “aperitivos” pagados por Lores con fondos públicos

     Tras as declaracións realizadas polo Alcalde de Pontevedra en relación ao aperitivo de 2.000 euros pagado ao sindicato CIG,

    • A través dunha petición rexistrada este mesmo mércores, os populares solicitan unha listaxe de todos os aperitivos sufragados polo Concello de Pontevedra dentro da “atención protocolaria” á que se referiu o Alcalde.
    • “Lores terá este venres a oportunidade de dar unha explicación clara sobre este asunto aos veciños de Pontevedra”.

     

    Pontevedra 7, febreiro, 2018.- Os populares solicitan ao Goberno de Lores información acerca de todos os aperitivos sufragados durante o presente mandato polo Concello de Pontevedra dentro da “atención protocolaria” á que se referiu onte o Alcalde.

    Tras as declaracións realizadas por Lores coas que asume como “práctica habitual” o convite ofrecido polo Concello ao sindicato nacionalista CIG con motivo do congreso que celebraron en Pontevedra, a formación que encabeza Jacobo Moreira esixe saber que outros colectivos ou asociacións recibiron un agasallo similar por parte do Concello de Pontevedra.

    A través dunha petición que rexistraron esta mesma mañá, a formación popular solicita unha listaxe destes convites xa que no noso municipio tiveron lugar nos últimos anos varios congresos de outros sindicatos como UGT ou CCOO.

    Con todo, o portavoz popular, preguntará no vindeiro Pleno municipal por esta cuestión, posto que “os veciños de Pontevedra están no seu dereito de coñecer en que inviste o Goberno de Lores os cartos públicos”. “Cando se collen cartos públicos para premiar as simpatías que un sindicato amosa por un partido político merece unha explicación clara”, apuntou Jacobo Moreira, “Lores terá o venres a oportunidade de dar esa explicación e pedir perdón a todos os veciños de Pontevedra”.

    “Xa é moito o que estamos a soportar”, apuntou o edil popular tras lembrar que á factura de case 2.000 euros polos aperitivos servidos no congreso da CIG, súmanse os pagos á organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, 1.800 euros; á Fundación Galiza Sempre, entidade que promove publicamente o BNG e da que é secretario Bieito Lobeira, que recibiu 10.000 euros; ademais, o responsable comarcal do BNG en O Salnés, Manuel Domínguez, ten recibido máis de  60.000 euros a través de contratos menores por disciplinas tan dispares como a compostaxe, clases de hulla – hop e mesmo actividades para a Feira Franca;  a revista Sermos Galiza, da que fora xerente a concelleira Anabel Gulias e cuxa cúpula está formada por membros do BNG, recibe anualmente preto de 18.400 euros entre subscricións e publicidade; e o pasado mes de agosto os populares desvelaban o contrato de 70.000 euros asinado en 2012 polo Goberno de Lores con Xaquín Moreda, membro do BNG e do que consta unha irregularidade na contratación. “Chove sobre mollado. Basta xa de gastar os cartos dos veciños de Pontevedra para premiar aos achegados ao BNG”, sentenciou Jacobo Moreira.