Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP RECRIMINA A BESADA AS MENTIRAS SOBRE AS MELLORAS NAS PARROQUIAS

    • Os/as veciños/as da Picoña tiveron que esperar máis dun ano e medio para a mellora do Parque Chan da Arrotea 
    • O Alcalde toma como propias medidas que presenta o Grupo Popular

     

    Sábado 7 de febreiro de 2018.- Tras anos de abandono e diversas solicitudes por parte dos veciños e veciñas da zona, no mes de agosto do ano 2016, o Goberno Local realizaba o acondicionamento previo (retirada do areeiro, bancos e madeira que delimitaba a zona de xogo) ó comezo das obras de mellora do Parque Chan da Arrotea na Parroquia de Picoña.

    A pesar das promesas de Besada, nove meses despois (maio de 2017) as obras todavía non deran comezo e o parque que adoitaba empregarse tanto para os xogos dos nenos e das nenas como para a celebración das festas da parroquia, permanecía completamente inutilizable.

    “Así pois, ante o pasotismo amosado polo Alcalde e tras visitar o lugar cos veciños e cas veciñas, os membros deste Grupo presentamos un rogo para a mellora e para que se procedese a solventar a situación ca maior celeridade posible. Por se o tempo pasado fose pouco, no mes de setembro (catro meses despois de presentar o rogo e máis dun ano despois do “comezo das obras”) a situación continuaba paralizada e decidimos presentar un segundo rogo. Despois desta desastrosa xestión por parte do Goberno Municipal e da falta de interese amosada, o Alcalde alardeaba nas redes sociais e medios de comunicación da mellora do parque, unha mellora que non é tal: Besada limitouse a pintar as antigas randeeiras e a poñer unha valla de peche na zona de xogo, mentres que os bancos continúan sen poder empregarse debido ó seu mal estado, e para isto tardou máis dun ano e medio.” explica o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila. 

    Esta non é a única ocasión na que o Alcalde mentiu sobre as melloras realizadas no Concello. Alá polo mes de abril do ano 2017, Besada falaba da ordenación e pintado da estrada na zona industrial de O Cerquido, cando a realidade é que o único que fixo foi pintar catro pasos de peóns. Este é o xeito de actuar do noso Alcalde, un Alcalde que, por certo, ven tomando como costume presentar como propias medidas que, en realidade, son presentadas polo Grupo Popular, así como fixo para a rebaixa do IBI do pasado mes de decembro, ou cas fontes das pistas deportivas”.