Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PAVILLÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DO DEPORTE `FAI AUGAS´

    • O mal estado da cuberta do edificio fai que proliferen as goteiras, tanto na Piscina Municipal, como na cafetería, oficinas ou salas de ximnasia
    • As deficiencias da Sala de Cardio denunciadas fai máis dun ano empeoraron considerablemente
    • O PP do Porriño esixe que este problema sexa solucionado de forma urxente para para que a actividade diaria destas instalacións poda desenvolverse con normalidade

     

    O Porriño, 9 de xaneiro de 2018.- O Pavillón Municipal do Porriño devolve unha pésima imaxe do que dende fai anos é considerado "O Concello do Deporte" aos centos de persoas que semanalmente acuden ás instalacións. O mal estado da cuberta do edificio fai que proliferen as goteiras, tanto na Piscina Municipal, como na cafetería, oficinas ou salas de ximnasia. Dentro do Municipal do Porriño chove, literalmente.

    As últimas choivas rexistradas evidenciaron o estado de abandono da principal instalación deportiva do municipio debido á despreocupación e falta de dilixencia dun goberno municipal que pretende ocultar o obvio: o Pavillón Municipal presenta un estado lamentable que se agrava co paso do tempo.

    Na piscina municipal numerosos caldeiros recollen a auga que cae do tellado  e a situación non é menos alarmante nas instalacións principais. A oficina do Club de Balonmano presenta numerosas goteiras e a cafetería foi pechada fai máis dun mes por orde do arquitecto municipal en vista do risco que supuñan as filtracións e as salas de ximnasia presentan deficiencias que imposibilitan a correcta práctica deportiva. "O problema non é novo e levan meses alertando ao Goberno Municipal. Este problema debe ser solucionado de forma urxente para que a actividade diaria destas instalacións poda desenvolverse con normalidade", apunta M. Alejandro Lorenzo, "Estamos falando da principal instalación deportiva do Concello, que recibe a centos de persoas semanalmente. É prioritario asegurar que reune as condicións adecuadas para o desenvolvemento da actividade deportiva".

    Deficiencias na sala de cardio municipal

    Xa en outubro do ano 2016, usuarios do ximnasio situado nas instalacións da Piscina Municipal rexistraron unha queixa no Concello do Porriño, avalado por decenas de firmas, denunciando as deficiencias que presentaba a sala de cardio municipal na que poñían de manifesto o mal estado da maquinaria.

    A día de hoxe e lonxe de solventarse, a situación empeorou considerablemente. Nas instalacións xa só quedan unhas máquinas vellas e rotas que non dan servizo aos usuarios do ximnasio. E é que as dúas cintas de correr de que dispoñía a sala, que son as máquinas máis solicitadas,   están fora de servizo. As restantes, dúas bicicletas estáticas, dúas máquinas de remo e as elípticas que ainda están en funcionamento presentan avarías que impiden que cumpran adecuadamente a súa función.

    Ante as queixas dos usuarios, o grupo municipal do Partido Popular solicitou por aquel entón en pleno que se procedese a reparar e repoñer os elementos avariados a fin de que os usuarios destas instalacións municipais, que pagan mensualmente a súa cota, puideran facer uso do servicio. Foi o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, quen respostou por aquel entón que xa se estaba a resolver este problema. "Dende o Concello afirmouse en pleno fai máis dun ano que a situación se estaba a solucionar, sen embargo, a día de hoxe está claro que o problema persiste. É incomprensible esta actitude do equipo de Goberno, xa non para con nós, senón cara os usuarios e usuarias das instalacións", conlúe o edil.