Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP solicita a adhesión de Pontevedra aos actos de conmemoración do 40 Aniversario da Constitución

     “O vindeiro ano 2018 cúmprense corenta anos dunha data clave para a historia de España, e queremos que Pontevedra se sume a esta celebración”,

    • A formación que encabeza Jacobo Moreira pide tamén a elaboración dun calendario de actividades propias por parte do Concello e a limpeza e mantemento do monumento á Constitución situado no barrio de Campolongo.

     

    Pontevedra 4, decembro, 2017.- Con motivo da conmemoración do Cuadraxésimo Aniversario da Constitución Española o vindeiro ano 2018, a formación que encabeza Jacobo Moreira solicita a adhesión de Pontevedra aos actos acordados, o pasado mes de setembro, polo Congreso dos Deputados e o Senado para a súa celebración.

    Así mesmo, os populares instan ao Goberno de Lores á elaboración dun calendario de actividades propias no noso municipio, e a que promova e apoie os actos que, con este mesmo motivo, desenvolvan outras institucións, organizacións, asociacións, centros educativos e a Universidade.

    “O vindeiro ano cumpriranse corenta anos dunha data clave para a historia de España e queremos que Pontevedra se sume aos actos de conmemoración da nosa Constitución”, destacou o concelleiro popular, César Abal, “temos un ano por diante para poder preparar todas aquelas actividades que se estimen oportunas para sumarnos a esta celebración”, engadiu.

    Ademais, dende o Grupo Popular lembran que con motivo da celebración do Décimo Aniversario, no ano 1988, o Goberno local de Pontevedra en aquel momento inaugurou o monumento á Constitución no barrio de Campolongo, e que “na actualidade atópase totalmente abandonado”, sinalou o edil popular, “non só na súa limpeza, senón por quedar no esquecemento á hora de conmemorar a nosa Carta Magna”. Por iso, os populares tamén instan ao Goberno de Lores a dar as instrucións oportunas para a limpeza e mantemento deste monumento que da nome á praza da Constitución.