Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda denuncia que o Concello mantén un vertedoiro na nave da Bandeira

    • Dende o Partido Popular consideran gravísimo este feito e pedirán responsabilidades.
    • Na parcela da nave amoreanse escombros, neumáticos e electrodmésticos, así como elementos inservibles de mobiliario urbano.

      

    Silleda, 1 de decembro de 2017.- O Partido Popular de Silleda denuncia que o Concello de Silleda manten un vertedoiro nas parcelas nas que se sitúa a nave do antigo obradoiro de emprego na Bandeira.

    Os populares consideran que este é un feito gravísimo. “Xa é grave que aparezan vertedoiros incontrolados en calquer punto do noso Concello, pero que esto ocurra nunha zona utilizada polo Concello é algo absolutamente inaceptable e demostra o pouco respeto que dende o grupo socialista se ten polo noso medio ambiente e polos bens municipais.”

    Nas parcelas indicadas amoreanse escombros de obras, restos de tubos, electrodomésticos e neumáticos vellos entre outros moitos elementos do mobiliario urbano deteriorados, chegando a cubrirse algúns deles con maleza a pesar de ter moi cerca o depósito de gas. 

    Dende o Partido Popular sinalan que “O que esta a acontecer e de unha irresponsabilidade máxima, non so pola imaxen que dan de cara o resto dos veciños ós que despois lle esixen o que eles non cumpren, si non polo risco que supón para todolos veciños a existencia dunha zona nese estado tan preto do depósito de gas.”

    Os populares califican como inaudito o que esta pasar nesta parcela e alertan das posibles consecuencias que podería ter para o propio Concello polo posible levantamento de actas sancionadoras en caso dunha inspección, o que resulta intolerable si temos en conta ademáis que o Concello conta cunha nave específica no Polígono de Silleda para almacenar e tratar este tipo de residuos.

    Dente o Partido Popular indican que “Este feito e dunha gravidade tal que o Alcalde debería asumir as súas responsabilidades ou tomar cartas no asunto e exisir a inmediata dimisión dos Concelleiros responsables de área, o contrario sería un insulto a todolos silledenses, xa que non se pode amparar o que esta ocurrindo cando si fose calquer outro veciño do noso Concello tería consecuencias inmediatas.”.