Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Os populares esixen que o orzamento municipal o decidan os representantes dos pontevedreses

    Tras a entrega do borrador do documento aos grupos municipais,

    • A formación que encabeza Jacobo Moreira esixe a Lores que “asegure por escrito que non impedirá aos grupos municipais votar as súas emendas como fixo o pasado ano”.
    • Piden devolver a autonomía a Pontevedra para poder decidir os seus orzamentos e que non sexan precociñados polas cúpulas do BNG e Marea en Santiago.

     

    Pontevedra 16, novembro, 2017.- “Pedímoslle a Lores e ao seu Goberno que o orzamento municipal para o vindeiro ano 2018 o poidan decidir os representantes dos veciños de Pontevedra”. Declaracións que realizou este xoves o concelleiro popular, Rafael Domínguez, tras recibir o borrador do documento.

    Así mesmo, dende a formación que encabeza Jacobo Moreira esixen ao Alcalde que “asegure, por escrito, que non se vai repetir a mesma situación que o pasado ano cando Lores impediu que os grupos da oposición puidesen votar en Pleno as súas emendas”. “Sería interesante saber se este ano o BNG de Lores nos deixa facer achegas e que estas poidan ser votadas en Pleno por toda a corporación”, puntualizou o edil popular en declaracións aos medios.

    Con todo, dende o Grupo Popular insisten “sabemos que este orzamento vén precociñado dende Santiago. O orzamento de Pontevedra para 2018 está xa pactado, pero non aquí, senón entre as cúpulas do BNG e a Marea de Podemos, entre Ana Pontón e o Alcalde de Santiago”.

    “Pontevedra debería recuperar a súa autonomía, non ser unha moeda de cambio y para iso é preciso que Lores e o seu Goberno permitan que os nosos orzamentos para o vindeiro ano os decidamos os representantes dos pontevedreses”, sentenciou Domínguez.