Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP pide á Deputación que convoque unha mesa provincial do turismo para analizar medidas para desestacionalizar o sector

    Esta mañá en Sanxenxo,

    • Ángel Moldes defende que sexa “unha mesa aberta, que escoite e onde non ten que haber política, senón o interese do sector e de todos os veciños da provincia”.
    • Telmo Martín destaca que “no Salnés as cousas estanse facendo ben, pero sen recibir o apoio, respaldo e iniciativa da Deputación, que non conta cos concellos”. 

     

    Pontevedra, 12 de setembro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular presentou esta mañá en Sanxenxo a proposta que presentará no próximo pleno da Deputación para pedir ao Bipartito que cree unha mesa provincial de turismo, unha mesa aberta e de diálogo na que se inclúa a todos os representantes do sector, alcaldes da provincia e incluso representación da Xunta, para analizar entre todos que medidas e iniciativas se poden tomar para desestacionalizar o turismo de modo que sexa un sector do que se poida vivir e xere emprego durante todo o ano.

    Así o defendeu o voceiro do grupo, Ángel Moldes, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e dos deputados provinciais Salomé Peña e Luis Aragunde. Nesa mesa, a xuízo de Moldes, habería que falar de estratexias, do turismo de sol e praia, do turismo termal, do camiño, do turismo cultural, gastronómico e un largo etcétera. “Unha mesa aberta, que escoite e onde non ten que haber política, senón o interese do sector e de todos os veciños da provincia. O sector ten moito que aportar e que dicir, e incluso criticar e hai que escoitalos”. Así, recordou que si a Marca Rías Baixas, creada polo anterior Goberno do PP, sigue funcionando é precisamente porque en todo momento se contou co sector.

    O presidente do PP local e alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, tamén incidiu na importancia do turismo para a provincia. “Na comarca do Salnés as cousas estanse facendo ben, pero sen recibir o apoio, respaldo e iniciativa da Deputación, que non conta cos concellos. Así as cousas non funcionan ben, o turismo ten que estar a parte do debate político, todos debemos remar na mesma dirección”.

    Por iso, os populares fan un chamamento á presidenta da Deputación para que de unha vez por todas teña en conta a opinión dos alcaldes. “Non é normal que a día de hoxe alcaldes como Telmo Martín non sexan recibidos na Deputación de Pontevedra. Telmo Martín non é o alcalde do PP, é alcalde de todos os veciños de Sanxenxo, e falando de un sector estratéxico como é o turismo e o papel que xoga este concello non é normal que non sexa recibido para falar das problemáticas que afectan aos veciños”, criticou Moldes. A  modo de exemplo, tamén recordou a crítica que fixo no seu momento o alcalde do Grove, “que non é sospeitoso de ser do PP”, e que denunciaba que o Plan Concellos se esquecía das particularidades que teñen os concellos turísticos da provincia, que durante os meses de verán multiplican a súa poboación e polo tanto, tamén os gastos dos servizos que prestan.

    O voceiro tamén criticou a actitude de Carmela Silva ao facer a valoración de toda a tempada estival, “que lle costara tanto mencionar a Sanxenxo. Si se fai un repaso á súa rolda de prensa, case en ningún momento se menciona este concello a pesar de todo o que significa en materia de turismo”. Ao contrario, sinalou o popular, para o PP é un orgullo estar en Sanxenxo e que sirva de motor económico para toda a provincia, polo que entendían que era o lugar fundamental para presentar unha moción sobre turismo. 

    Por último, o popular tamén criticou que a día de hoxe continúan esperando “por aquel Plan Estratéxico de Turismo que quedou nunha mera presentación e titular de prensa”. Recordou que solicitaron ata en tres ocasións copia dese informe e aínda non recibiron ningunha resposta.