Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP reitera que a reforma da Lei de Saúde blinda a existencia do Hospital comarcal do Salnés

    • Recordan que os partidos da oposición xa intentaron hai dez anos enganar á cidadanía sobre a Sanidade e este hospital, e o tempo e os feitos demostraron que todo era mentira.
    • “Un goberno que investiu 9 millóns neste hospital non parece que queira desmantelalo, ao contrario, está apostando por el”.
    • O feito de que Pontevedra e Salnés pertenzan á mesma área vai facilitar o incremento dos recursos asistenciais e o desprazamento de especialistas nos dous sentidos.

     

    Pontevedra, 11 de setembro de 2017.- O Partido Popular reiterou hoxe que a reforma da Lei de Saúde blinda a existencia do Hospital comarcal do Salnés e permite importantes melloras para os pacientes. Foi tras a reunión que o voceiro de Sanidade do grupo popular no Parlamento galego, Aurelio Núñez, e a deputada do Salnés, Marta Rodríguez, mantiveron con alcaldes e voceiros do PP na comarca.

    “Con esta reforma da lei o único que se vai garantir é que o Hospital do Salnés teña entidade propia, que ao hospital poidan vir os mellores profesionais e que os profesionais deste hospital tamén poidan traballar cos mellores especialistas sanitarios para atender mellor aos cidadáns desta comarca”, salientou Marta Rodríguez. Recordou que non é a primeira vez que a oposición está mentindo en torno á Sanidade e a este hospital. “Xa o intentaron hai dez anos, pero ao final os feitos e o tempo demostraron que era mentira”. Agora, engadiu, vai ocorrer o mesmo xa que “por moito que falen de desmantelamento ou de que queren converter ao Hospital do Salnés nun ambulatorio grande, a realidade é que as persoas que día tras día van ao Hospital poden comprobar que as urxencias están mellor despois de ampliar o bloque de urxencias; poden comprobar que de tres quirófanos pasaron a cinco; e poden comprobar que cada día hai máis instalacións e máis tecnoloxía no Hospital”.

    Así, recordou que nos últimos anos a Xunta de Galicia investiu 9 millóns de euros neste hospital, “polo tanto un Goberno que inviste esta cantidade nun hospital comarcal non parece que queira desmantelalo. Ao contrario, a Xunta está apostando por este hospital”.

    Tamén o voceiro de Sanidade do PP no Parlamento galego defendeu a importancia da modificación da lei, “unha reforma totalmente administrativa que actualiza a estrutura territorial”. Así, Aurelio Núñez explicou que “neste momento en Galicia temos o paradoxo de que hai sete estruturas organizativas, once áreas pero catorce hospitais”. A diferencia coa reforma da lei é que cada distrito vai ter como centro un hospital. “A área de Pontevedra terá o distrito de Pontevedra e o distrito do Salnés, polo que se van a igualar as condicións e as referencias q teñen cada un dos dous hospitais”, destacou.

    Outra das mentiras que están dicindo, explicaron os populares, é que os pacientes do Hospital do Salnés van ter que trasladarse a Pontevedra. Ao contrario, o que a lei pretende conseguir, sinalaron, é que o paciente sexa o centro do sistema. O feito de pertencer á mesma área vai facilitar o incremento dos recursos asistenciais e o desprazamento de especialistas nos dous sentidos e dentro da mesma área. 

    A este respecto, salientaron que desde o ano 2012 hai especialistas en cáncer, corazón ou neuroloxía que xa están desprazándose ao Hospital do Salnés para tratar aos seus pacientes. “Un total de 23 mil consultas se realizaron no Hospital polos mellores especialistas deste tipo de enfermidades. Non só viñeron especialistas a atender a 23 mil persoas ao Salnés, senón que esas 23 mil persoas non tiveron que desprazarse a ningún outro hospital”. 

    Polo tanto, contra as mentiras e o engano dos partidos da oposición, dixo a deputada popular, “nós traballamos para mellorar a Sanidade e a calidade asistencial. Outros, dedícanse a colgar pancartas nos balcóns dos concellos e nin sequera asistiron ás reunións convocadas polo conselleiro para coñecer as modificacións da lei”, engadiu Marta Rodríguez.

    OUTROS ASPECTOS DA LEI

    Ademais, recordaron que a lei tamén contempla outros aspectos dos que non se falan, como por exemplo a creación de unha comisión mixta educación-sanidade para posibilitar que nos centros escolares se imparta educación sanitaria ou se fagan políticas por parte das dúas consellerías para favorecer a atención sanitaria; tamén se contempla a necesidade de que calquera política pública que se faga en Galicia vai ter que estar sometida a un informe de Sanidade para garantir que non vai provocar ningún problema de saúde; a creación de consellos de área; ou que por primeira vez na lei, recoñécese a existencia do consello asesor do paciente, formado por asociacións de enfermos.

    SÓ INTERESES POLÍTICOS

    O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, criticou que “José Blanco se dedique agora a intentar conseguir en Europa que nos retiren a subvención que recibimos para ampliar o Hospital comarcal do Salnés”. Durán recordou que “foron precisamente os partidos de esquerda da comarca os que votaron en contra desta ampliación”.

    “Nunca amosaron interese nin pola sanidade nin polos pacientes, o único interese que teñen son políticos”, concluíu.