Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP propón á Deputación aumentar a partida do “miniplan” para concellos de menos de 20 mil habitantes

    • “Parécenos que un plan de 6 millóns anuais para repartir entre os 52 concellos da provincia con menos de 20 mil habitantes non chega para dar resposta ás deficiencias do Plan Concellos”, sinala Ángel Moldes.

     

    Pontevedra, 07 de setembro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular proporá á Deputación de Pontevedra aumentar a partida do novo “miniplan” para concellos de menos de 20 mil habitantes. Será no próximo pleno provincial, no que o voceiro do PP, Ángel Moldes defenderá a necesidade de incrementar os fondos e apostar definitivamente polos pequenos e medianos concellos da provincia, xa que ese é precisamente o papel que deben desenvolver as deputacións provinciais.

    “Parécenos que un plan de 6 millóns anuais para repartir entre os 52 concellos da provincia con menos de 20 mil habitantes non chega para dar resposta ás deficiencias do Plan Concellos. Se facemos o cálculo, o reparto é mínimo”, critica o  voceiro do PP, Ángel Moldes.

    Os populares consideran que este plan pretende ser un “pequeno parche para o fiasco que supuxo o Plan Concellos, e polo tanto vén a recoñecer o que o PP leva denunciando desde o principio deste mandato, que non funciona e que é insuficiente porque faltan 20 millóns de euros e non dá resposta ás necesidades reais dos concellos”.

    Nesta liña, sinalan que “lamentamos que tardasen todo este tempo en darse conta, porque ao final estiveron privando durante dous anos aos concellos da provincia de máis e maiores investimentos”. Pero, con todo, consideran que eses 6 millóns de euros anuais son insuficientes. “Non parece lóxico que unha soa actuación nunha gran cidade supera un plan para 52 concellos da provincia”. O que está claro, engade o voceiro popular, “é que os pequenos e medianos concellos da provincia son os grandes prexudicados co Goberno de Carmela Silva”.