Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • X

    ALFONSO RUEDA VALENZUELA

    PRESIDENTE

    Naceu en Pontevedra en 1968. Está Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago.

    Diploma de Directivo da Xunta de Galicia e funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

    Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, Cambados e actualmente ten a súa praza no concello de Marín.

    Secretario-Interventor da Mancomunidade da Paradanta.

    Foi Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sendo conselleiro Xesús Palmou.

    Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia desde 2000 a 2005.

    En 2009 tras formar parte da candidatura do PP pola provincia de Pontevedra, resultou elixido deputado autonómico e foi nomeado ademais conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

    Trala segunda maioría absoluta do Goberno do Partido Popular nas eleccións Autonómicas de 2012, mantivo o seu cargo de conselleiro e foi nomeado ademais vicepresidente da Xunta de Galicia.

    Comezou a súa carreira política en 1993 tras resultar elixido presidente de NNXX de Pontevedra.

    Secretario Xeral do PP de Galicia desde 2006 ata 2016, que resulta elixido presidente provincial do PP de Pontevedra no XVII Congreso Provincial celebrado o 13 de marzo en Pontevedra.

  • X

    NIDIA MARÍA ARÉVALO GÓMEZ

    VICEPRESIDENTE

    Nidia Arévalo realizou estudos en Químicas na Universidade de Vigo. Comezou a súa carreira política como concelleira do Partido Popular en 1999 e é a alcaldesa de Mos desde 2008.

    Forma parte do Comité Executivo Provincial desde o ano 2000.

    Foi deputada provincial desde 2003 a 2007 polo Partido Xudicial de Tui e desde xullo de 2015 é deputada e voceira do Grupo Provincial do PP.

  • X

    JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

    SECRETARIO

    Naceu en Cambados en 1958. Membro de Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia.

    En 1985 fundou HORSAL e desempeñou o cargo de Director- Xerente durante nove anos.

    Foi vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas (1992-2007) e tamén foi membro das xuntas directivas da Asociación Española e da Asociación Europea de Cidades do Viño (ACEVIN-RECEVIN) e da Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE).

    A súa actividade política comezou no ano 1987 ao ser elixido concelleiro da Corporación cambadesa dentro da candidatura do Partido Popular.

    De 1989 ata 1998 desempeñou o cargo de primeiro tenente de alcalde.

    Foi alcalde do Concello de Cambados no 1998 e reelixido nas eleccións municipais de 1999, 2003 e 2007.

    Presidente da Mancomunidade do Salnés do 1998 ao 2003.

    Senador por Pontevedra nas lexislaturas VII, VIII e IX (2000-2009), e secretario primeiro da Comisión de Agricultura, Ganadería, Pesca y Alimentación, voceiro de Pesca, vocal da Comisión Mixta para el Estudio del Problema de las Drogas e voceiro da Comisión de Peticións.

    Dende o 2009 desempeñou o cargo de delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra.

    Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012, en decembro dese mesmo ano renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.

  • X

    ELENA MUÑOZ FONTERIZ

    VICESECRETARIA

    Nacida en Madrid en 1971, é  licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, na especialidade de Economía Pública. Exerceu como xefa do Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e no Servizo de Control Financeiro de Operacións Correntes.

    Foi subdirectora xeral de Control Financeiro Ordinario ata o ano 2009, no que foi nomeada interventora xeral da Comunidade Autónoma.

    Desde xaneiro de 2012 a 2015 foi a conselleira de Facenda da Xunta de Galicia.

    Nas eleccións municipais de maio de 2015 foi a candidata á alcaldía de Vigo polo Partido Popular.

    Desde 2015 é voceira do PP de Vigo e deputada provincial. 

    Presidenta do PP de Vigo desde decembro de 2016

Coordinadores de Área

  • X

    MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS

    COORDINADORA DE ORGANIZACIÓN

    Nacida en Moraña en 1975. É Enxeñeira Técnica de Industrias Forestais e posúe un máster en Consultoría e Verificación Medioambiental polo Instituto de Investigacións Ecolóxicas e Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos de Málaga.

    Incorporouse á política activa o 15 de abril de 2010 como presidenta do PP local. E é a alcaldesa de Moraña desde 2011 e deputada provincial polo partido Xudicial de Pontevedra desde xullo de 2015.

  • X

    JORGE CUBELA LÓPEZ

    COORDINADOR DE PARTICIPACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS

    Naceu en 1989 en Cotobade.

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Dereito Público.

    Actualmente cursa ademais estudos universitarios de Dirección e Xestión Pública na Universidade de Vigo.

    Converteuse no alcalde máis novo de España en 2011, ao gañar as eleccións do seu concello, Cotobade.

    Cargo que rivalidou con maioría absoluta en 2015.

    É ademais vogal do Consello Executivo da Fegamp desde 2015.

  • X

    JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA

    COORDINADOR DE ACCIÓN ELECTORAL

     

  • X

    MARIÁN GARCÍA MÍGUEZ

    COORDINADORA DE POLÍTICAS SOCIAIS E IGUALDADE

    Naceu en Vigo en 1972.

    Licenciada en Psicoloxía Sanitaria pola Universidade de Vigo e Máster en Dirección e Xestión de programas e Centros Xerontolóxicos Sociosanitarios e Máster Axente de Emprego pola Universidade de Vigo.

    Exerceu como psicóloga na Asociación de Párkinson de Vigo e en Hermanos misioneros de enfermos pobres.

    Traballou dous anos como Orientadora laboral e técnica de autoemprego na Deputación Provincial de Pontevedra.

    Foi a Coordinadora programa de prevención de dependencia na Federación Veciñal “Eduardo Chao”.

    Desde 1998 é a psicóloga e directora da Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra. Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo desde 2009.

    Foi concelleira do PP de Vigo desde 2007 ata 2015.

  • X

    LUIS ARAGUNDE ARAGUNDE

    COORDINADOR DO MAR

    Naceu en Cambados en 1971.

    Foi tenente de alcalde en Cambados desde o 2003 ata o 2007, cando encabeza as listas do PP  e sae elixido alcalde por maioría absoluta.

  • X

    MIGUEL ÁNGEL PÉREZ DUBOIS

    COORDINADOR DE MEDIO RURAL

    Naceu o 28 de xaneiro de 1961 en Madrid.

    É enxeñeiro agrónomo, especializado en Enxeñería Rural, pola Universidade Politécnica de Madrid.

    É funcionario de carreira do Corpo Superior de Enxeñeiros Agrónomos do Estado por oposición aprobada en 1986.

    Desde o 87 funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia. Inspector Ambiental da Comisión Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra entre os anos 1990-1992.

    Desde 1987 ata o 2009, estivo adscrito á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura en Pontevedra, no servizo de Estruturas Agrarias, onde desenvolveu o seu traballo en diferentes postos.

    En 2009 pasa a ser o subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural cargo que ocupa ata abril de 2016 que é nomeado Director Xeral de Desenvolvemento Rural.

  • X

    JOSÉ BENITO SUÁREZ COSTA

    COORDINADOR DE RELACIÓN COS AFILIADOS

    Naceu en Vigo en 1955.

    É Doutor en Enxeñería Industrial e Marino Mercante. Presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

Coordinadores Comarcais

  • X

    JOSÉ CRISTINA CORREA POMBAL

    COMARCA BAIXO MIÑO

    Naceu en 1981 en Oia.

    Licenciada en Dereito Económico na Universidade de Vigo.

    Máster en Xestión Inmobiliarua e Urbanística pola Universidade dea Coruña.

    Experiencia no ámbito xurídico privado traballando en asesoría de empresas, promoción inmobiliaria e xestión de comunidades de propietarios.

    Formou pate da listas da candidura do partido popular de Oia desde o ano 2003.

    Nas listas de 2015 como número 2 da candidatura popular.

    É alcaldesa de Oia desde o 12 de novembro de 2015.

  • X

    JOSÉ MARÍA BELLO MANEIRO

    COMARCA DE ULLA-UMIA

    Nacido en Cordeiro, Valga, o 2 de maio de 1949, é alcalde desta localidade desde 1995.

    Tras exercer como contable en diversas empresas privadas, Bello Maneiro incorpórase á política activa en 1983, cando se presenta ás eleccións formando parte da lista de Alianza Popular, partido co que entra no goberno local como tenente de alcalde, cargo que exerce ata 1995.

    En 1995, tras gañar as eleccións, convértese en alcalde de Valga, cargo que revalida en todos os comicios.

    En 1999, tras ser reelixido alcalde, asume tamén a Presidencia da Mancomunidade Ulla-Umia, cargo que desempeña ata 2007.

    En 1999 entra tamén a formar parte da Federación Española de Municipios e Provincias como vocal da Comisión de Facendas Locais.

    Foi deputado provincial polo Partido Xudicial de Pontevedra desde 2011 ata 2015. 

  • X

    MARTA VALCÁRCEL GÓMEZ

    COMARCA CONDADO

    Nacida en outubro de 1980 en Salvaterra de Miño.

    É licenciada en Ciencias Económicas, na rama de Economía Internacional pola Universidade de Vigo.

    En 2007, entrou a formar parte das listas do PP ás eleccións municipais no concello de Salvaterra de Miño, sendo elixida concelleira.

    Desde ese ano, exerce como primeira Tenente de alcalde do Concello de Salvaterra e concelleira de Servizos Sociais, Cultura, Educación, Muller, Xuventude e Medio Ambiente.

    En 2009 resultou elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, tras presentarse aos comicios como nº 10 do PP por esta provincia, cargo que desempeñou ata 2012.

  • X

    LUÍS LÓPEZ DIÉGUEZ

    COMARCA DO DEZA

    Naceu en Rodeiro en 1978.

    É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada como técnico de organización.

    Foi concelleiro de Educación, Xuventude, Deportes, Cultura e Medio Ambiente de 2003 a 2007.

    En 2010 foi elixido presidente local do PP de Rodeiro e, en 2011, encabezou a lista do PP á alcaldía.

    Tras gañar as eleccións, foi investido alcalde desta localidade en xuño de 2011, cargo que revalidou en 2015 con maioría absoluta.

    Desde 2011 é ademais o presidente da Mancomunidade do Deza e presidente do GDR desde 2014.

  • X

    MARÍA RAMALLO VÁZQUEZ

    COMARCA DO MORRAZO

    Nacida en Marín en agosto de 1970, é licenciada en Dereito e desenvolveu a súa labor profesional como asesora xurídica.

    Foi deputada autonómica no Parlamento de Galicia e presidenta da Autoridade Portuaria de Marín.

    Deputada por Pontevedra no Congreso dos Deputados ata 2011 e vogal nas comisións de Orzamentos, Cultura e na Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas.

    Tras gañar con maioría absoluta as eleccións municipais de 2011, foi elixida alcaldesa de Marín.

    Cargo que revalidou nas eleccións de 2015.

    Desde 2011 a 2015 foi deputada provincial polo Partido Xudicial de Pontevedra.

  • X

    MIGUEL DOMÍNGUEZ ALFONSO

    COMARCA DA PARADANTA

    Naceu na Cañiza en 1973.

    Está diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo.

    Ten ademais estudos de Economía e un Máster en Asesoría Fiscal e Tributaria polo Centro de Estudios Financieros de Madrid. Inicia a súa vida laborar no Departamento de Contabilidade de diversas empresas relacionadas co metal e aluminio da Cañiza e Leiro.

    Tras crear a súa propia empresa en 1999 e estar involucrado co deporte local do seu concello presidindo o equipo de fútbol.

    Deu o salto á política nas municipais de 2011, ao encabezar a candidatura do Partido Popular da Cañiza e gañando con maioría absoluta, resultado que revalida en 2015.

    É ademais o presidente do Grupo de Desenvolvemento Local de Condado Paradanta.

  • X

    ÁNGEL MOLDES MARTÍNEZ

    COMARCA DE PONTEVEDRA

    Naceu en Poio en 1980.

    É profesor de Seguridade Vial e posúe varios títulos relacionados coa súa especialidade.

    Desenvolve a súa actividade profesional na empresa privada.

    Concelleiro no grupo municipal do PP en Poio desde o 2007.

    No Congreso local do PP celebrado en 2014 resultou elixido presidente do PP de Poio.  

    En 2015 foi designado deputado e voceiro do grupo provincial na Deputación de Pontevedra. 

    Desde 2016 é ademais membro do Consello da Autoridade Portuaria Marín-Pontevedra.

  • X

    LOURDES UCHA VARELA

    COMARCA DO SALNÉS

    Naceu en Meaño en 1969, é diplomada en Maxisterio.

    Concelleira en Meaño desde 1995. Desde 2003 ata 2012, primeira Tenente de Alcalde  e concelleira responsable da área social e de educación no Concello de Meaño.

    En 2012 é nomeada alcaldesa de Meaño, e tras encabezar a lista do PP de Meaño nas eleccións municipais de 2015, revalida o seu cargo con maioría absoluta.

  • X

    JOSÉ LÓPEZ CAMPOS

    COMARCA DE TABEIRÓS

    Naceu na Estrada en 1974.

    Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela.

    En 1996 inicia a súa carreira profesional na sucursal de La Caixa na Estrada e no mesmo ano accede ao cargo de subdirector desta entidade na sucursal de Caldas de Reis.

    En 2005 regresa a A Estrada como director da oficina de La Caixa neste concello.

    No ámbito político, entra a formar parte das listas do PP nas eleccións municipais de 2003, converténdose en concelleiro de Industria e Comercio, responsabilidade que desempeña ata 2007.

    En 2007 convértese en voceiro do Grupo Municipal do PP na Estrada, compatibilizando este cargo co de secretario do partido nesta localidade.

    En 2009 é elixido deputado autonómico pola provincia de Pontevedra, cargo que desempeña ata 2011.

    É alcalde da Estrada con maioría absoluta desde 2011.

    Desde 2011 ata 2015 foi deputado provincial polo Partido Xudicial da Estrada.

  • X

    JESÚS VÁZQUEZ ALMUÍÑA

    COMARCA DE VAL MIÑOR

    Naceu en Baiona, en 1962.

    É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Unidade Docente de Segovia (1994-1996).

    Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña. Experto Universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid. Médico do Servicio de Urxencias do Policlínico Vigo S.A. (POVISA), desde 1988 a 1990, e desde 1991 a 1994 foi médico do Servizo de Vixilancia Intensiva do mesmo centro. Entre 1994 e 1996 exerceu como médico-residente de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.

    En 1997 foi nomeado xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes de POVISA e ese mesmo ano comezou a exercer o cargo de coordinador dos Servicios de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente do dito Centro, ata xuño de 1998.

    En xullo de 1998 entrou a formar parte do plantel do Hospital Meixoeiro de Vigo como médico do Servizo de Admisión e en maio de 1999 foi nomeado coordinador do Servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente deste centro, cargo que desempeñou ata xaneiro de 2001 que foi designado director-xerente, cargo que ocupou ata 2003.

    En setembro de 2003 foi nomeado director provincial do SERGAS en Pontevedra, cargo que desempeñou ata novembro de 2004.

    Na actividade política foi alcalde de Baiona desde 2004 ata 2015 e deputado provincial desde 2003 ata 2015.

    En outubro de 2015 foi nomeado conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

  • X

    JAVIER BAS CORUGEIRAS

    COMARCA DE VIGO

    Nacido o 13 de marzo de 1963, é Licenciado en Ciencias Empresariais.

    Desenvolveu o seu labor profesional como economista e profesional de banca, sendo director da oficina de Caixa Galicia en Redondela e Coordinador de Área.

    Exerceu tamén como profesor de informática no Instituto de Formación Profesional de Teis. 

    Presidente local do PP de Redondela desde 2010, encabezou a candidatura popular á alcaldía deste concello nos comicios municipais de 2011.

    É o alcalde de Redondela desde o 11 de xuño de 2011.

    Desde 2015 é ademais deputado provincial polo Partido Xudicial de Vigo.

Vogais

  • X

    ANA PARTOR JULIÁN



    Nacida en Zamora en 1957.

    Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

    Funcionaria de Carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria. MBA en Dirección de Empresas.

    Profesora da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid.

    Máster en Saúde Pública e Administración Sanitaria e Máster en Xestión Hospitalaria.

    Foi coordinadora de Participación do PP, cargo para o que foi elixida no XVI Congreso Nacional, celebrado en Valencia en xuño de 2008.

    Foi vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, onde é deputada por Pontevedra desde o ano 2000.

    Ministra de Sanidade e Consumo desde 2002 a 2004.

    Entre 2001 e 2002 exerceu como subsecretaria do Ministerio do Interior. Subsecretaria do Ministerio da Presidencia entre 2000 e 2001.

    Subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura entre 1999 e 2000.

    Entre 1996 e 1999 exerceu como directora xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE).

    Foi tamén directora provincial do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xerente de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde en Pontevedra, xefe de Servizo de Planificación Sanitaria en Pontevedra, médico Asistencial en Salamanca, Ferrol e Pontevedra.

    É a actual Ministra de Fomento.

  • X

    JACOBO MOREIRA FERRO



    Nacido en Santiago de Compostela en 1973.

    Licenciado en Dereito, avogado de profesión.

    É concelleiro do PP en Pontevedra desde maio de 2007.

    Deputado autonómico desde 2001 a 2012 e desde xullo de 2014 ata a actualidade.

    Desde 2014 é o presidente do PP de Pontevedra.

  • X

    TOMÁS FOLE DÍAZ



    Naceu en 1965.

    Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Posúe un máster en Auditoría de Empresas.

    Asesor fiscal entre 1993 e 2003.

    Presidente local do PP de Vilagarcía de Arousa desde 2010.

    Foi alcalde de Vilagarcía desde 2011 a 2015.

  • X

    JUAN MANUEL BATISTA OVIEDO



    Nacido en 1959.

    Licenciado en Medicina e Cirurxía pola universidade de USC, posúe un máster en Urxencias.

    Iniciou a súa carreira profesional 1988 como médico de Atención Primaria en diversas localidades do rural.

    En 1989 incorporouse ao cadro de persoal do Hospital Xeral-Cíes, onde traballa desde aquel entón no servizo de Urxencias.

    Incorporouse á política activa como candidato á alcaldía de Fornelos de Montes en 2011, e desde 2014 é ademais o presidente local do PP.

  • X

    VITAL JOSÉ DIÉGUEZ PEREIRA



    Naceu en Vigo en 1977.

    Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en medicina de familia e comunitaria e en xestión sanitaria.

    Posúe un máster en Xestión Sanitaria e Dereito Sanitario pola Universidade de Castilla La Mancha.

    Desenvolve a súa actividade profesional como Director Médico nunha compañía de Seguros.

    É membro da Xunta Local do PP de Vigo desde 2010.

  • X

    PILAR CID RAMOS



    Naceu en Vigo en 1958.

    É técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería e traballa no Sergas desde 1991.

    É a presidente do Distrito de Casablanca desde 1987.

  • X

    MARTA FERNÁNDEZ TAPIAS NÚÑEZ



    Naceu en Vigo en 1974.

    É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid.

    Especialista en Dereito Mercantil e Marítimo-Pesqueiro. Avogada en exercicio e socia desde 2009 do despacho Berbés Abogados de Vigo.

  • X

    BLANCA GARCÍA SEÑORÁNS ÁLVAREZ



    Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Traballou como arquiveira e foi xefa do Gabinete de Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e de Xustiza da Xunta de Galicia. Actualmente é a Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

  • X

    MARTA LUCIO GÓMEZ



    Naceu en Meis en 1974.

    Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela en Xeografía e Historia.

    Desde 2011 ata 2016 foi a Directora do Muso do Mar de Galicia.

    Desde 2016 é senadora do PP pola provincia de Pontevedra.

  • X

    CARLOS MANUEL MARTÍNEZ NOGUEIRA



    Naceu en O Porriño en 1969.

    Licenciado en Dereito e abogado de profesión.

    É o voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Porriño.

  • X

    PABLO NOVAS CABALLERO



    Nacido en Marín o 1 de decembro de 1988.

    É técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural e actualmente traballa na empresa privada.

    Foi secretario provincial de Novas Xeracións na provincia de Pontevedra e é membro do Comité Executivo Nacional de NNXX.

    É concelleiro de Medio Rural en Marín desde 2011.

  • X

    ANA ORTIZ ÁLVAREZ



    Neceu en Ourense en 1963.

    Éstá licenciada en Dereito e Diplomada na Escola de Práctica pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Máster en Prevención de Riscos Laborais pola Universidade Politécnica de Cataluña.

    É funcionaria do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia con Diploma de Directivo.

    Foi concelleira en Ourense desde 1994 a 1008.

    Actualmente é a Secretaria Territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra.

  • X

    ALBERTO PAZOS COUÑAGO



    Nacido en Redondela en 1972.

    È licenciado en Dereito e cun Máster en Asesoría Xurídica de Empresas.

    Foi concelleiro e voceiro do PP de Redondela, e deputado provincial polo Partido Xudicial de Vigo desde 2011 ata 2013.

    Foi deputado autonómico desde xaneiro de 2013 ata decembro dese mesmo ano que o nomearon Director de Administración Local da Xunta de Galicia, cargo que ocupa na actualidade.

  • X

    MARÍA JESÚS PENELA MATO



    Naceu en Silleda en 1968.

    É diplomada en Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Traballou como asesora laboral e Auxiliar de Administrativo na empresa privada.

    É concelleira do PP en Silleda desde 2011.

  • X

    GERARDO RAMÓN PÉREZ PUGA



    Naceu en Pontevedra en 1963.

    É técnico en Empresas e Actividades Turísticas e traballa como director de banca.

    Formou parte da candidatura do PP de Pontevedra nas eleccións municipais de 2015.

  • X

    AGUSTÍN REGUERA OCAMPO



    Naceu en 1964 en Arcade, Soutomaior.

    Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela Empregado de Banca ata 1995

    Foi Membro do Consello Asesor da TVG 2007-2009 Deputado Provincial Desde 1995 é o alcalde de Soutomaior.

  • X

    ÁNGEL RODAL ALMUÍÑA



    Naceu en Baiona en 1967.

    A súa traxectoria profesional está ligada á medicina natural.

    Foi concelleiro do PP en Baiona desde 2003 ata outubro 2015, ano no que é nomeado alcalde de Baiona .

  • X

    MARTA RODRÍGUEZ ARIAS



    Nacida en 1973 en Vilagarcía de Arousa.

    Diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dende 2001 a 2005.

    En 1988 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa. Presidenta Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra. Secretaria Local do PP de Vilagarcía de Arousa.

    Deputada autonómica e actualmente e desde 2015 é a vicepresidenta do Parlamento de Galicia.

  • X

    SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA



    Naceu en 1976.

    Ten estudos de Formación Profesional pero a súa traxectoria profesional está unida desde sempre á empresa privada e ao seu propio negocio de panificación.

    Na actualidade é vicepresidente de Aproinppa e membro da directiva de Fegapan.

    É concelleiro do PP en Salceda de Caselas desde 2009 e o presidente Local do PP de Salceda de Caselas desde 2010.

  • X

    ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ



    Naceu en Lalín o 16 de novembro de 1968.

    Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago con Premio Extraordinario.

    Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela, dende o ano 2001, na Área de Análise Xeográfica Rexional.

    Licenciado con grao pola Universidade de Santiago. Master en Desenvolvemento Local, outorgado polo IDEGA (Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia) da Universidade de Santiago.

    Doutor en Xeografía, dentro do programa "Análise territorial e organización do espacio en Galicia".

    Exerce a docencia na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996.

    En 1999 incorporase á política activa como membro da lista de Xosé Crespo á alcaldía de Lalín, sendo elixido concelleiro.

    Como concelleiro encargouse das áreas de Cultura, Educación, Medio Ambiente, Desenvolvemento Local e Urbanismo.

    En 2009 foi elixido deputado autonómico, cargo que ocupou ata 2015, no que foi nomeado Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

  • X

    INÉS SÁNCHEZ PÉREZ



    Naceu en 1976 en Ponte Caldelas.

    Posúe a Diplomatura en Relacións Laborais e un Ciclo Superior de Administrativo.

    Traballa de empregada de Notaría.

    É concelleira do PP de Ponte Caldelas desde 2015 e voceira desde novembro dese mesmo ano.

  • X

    JOSÉ ENRIQUE SOTELO VILLAR



    Nacido en Aldán (Cangas) en 1959.

    É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Concelleiro en Cangas desde 1991.

    Alcalde de Cangas entre 1997 e 2007 e desde 2011 a 2015.

    Deputado Autonómico desde 1993 ata 1999, sendo voceiro de Sanidade entre 1997 e 1999 Deputado provincial desde 1999 ata a actualidade.

Alcaldes e presidentes locais

Deputados Autonómicos

  • X

    ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO

    Naceu en Ourense en 1961. Licenciado en Dereito pola USC, é membro do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta.

    Foi secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandeiría e Montes; vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde; director do Instituto Nacional de Salud (Insalud) e presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.

    En 2003 foi nomeado conselleiro de Política Territorial e en 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.

    Foi elixido presidente do PPdeG en xaneiro de 2006 e, tras gañar as eleccións o 1 de marzo de 2009, tomou posesión como presidente da Xunta o 18 de abril de 2009. Revalidou a maioría absoluta nas eleccións autonómicas de 2012. Xa en xaneiro de 2013 tivo lugar o XV Congreso autonómico do partido no que Alberto Núñez Feijoo volve ser elixido presidente do PPdG, un nomeamento que se revalida no XVI Congreso autonómico que os populares celebraron en maio de 2016.

  • X

    ALFONSO RUEDA VALENZUELA

    Naceu en Pontevedra en 1968, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago.

    Funcionario de Administración Local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade de Paradanta.

    No ano 2000 accedeu ao cargo de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, cargo que ocupou ata que en 2006 resultou elixido secretario xeral do PPdeG.

    En 2009 foi elixido deputado do Parlamento galego tras formar parte da candidatura do PP por Pontevedra ao Parlamento de Galicia e, en marzo dese mesmo ano, nomeado conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

    En decembro de 2012 renovou o seu cargo como titular do mesmo departamento e foi nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia. En marzo de 2016 foi elixido presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra.

  • X

    TERESA EGERIQUE MOSQUERA

    Naceu en Vigo en 1976, é licenciada e doutora en Ciencias da Información e máster en Imaxe e Consultoría Política.

    Con experiencia profesional como redactora en informativos, xefa de prensa no Porto de Vigo, así como profesora asociada na Universidade de Vigo, é desde o ano 2011 concelleira no Concello de Vigo.

    Forma parte da executiva rexional do PP de Galicia desde o ano 2013, e desde maio de 2016 preside a comisión de cultura.

  • X

    ISABEL NOVO

  • X

    GUADAUPE MURILLO SOLÍS

    Naceu en Pontevedra en 1970. É licenciada en Dereito e directora xeral de Conservas Pescamar desde hai trece anos.

    En 2014 foi elixida presidenta do Pontevedra CF, e tamén é secretaria do consello de administración do Obradoiro CAB. Membro da executiva do PP local de Pontevedra, é secretaria do comité de dereitos e garantías do PPdeG desde 2013.

  • X

    JACOBO MOREIRA

  • X

    Moisés Rodríguez

  • X

    MARTA RODRÍGUEZ ARIAS

    Naceu en 1973 en Vilagarcía de Arousa, é diplomada en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela.

    En 1998 foi elixida concelleira en Vilagarcía de Arousa e entre 2001 e 2005 foi asesora da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

    Foi tenente de alcalde de Vilagarcía e Secretaria Local do PP de Vilagarcía de Arousa. Formou parte das listas do PP ás eleccións autonómicas en 2009, sendo elixida deputada.

    Desde xaneiro de 2016 é vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia.

  • X

    SILVESTRE JOSÉ BALSEIROS GUINARTE

    Naceu en 1961 en Cerdedo, é diplomado en Lingua Administrativa e Xurídica Galega.

    Formou parte das listas do PP ás eleccións municipais en Cerdedo en 2003, exercendo como tenente de alcalde entre 2003 e 2005. En 2005 accedeu á alcaldía, en substitución de José Luis Jorge Caramés.

    Nas eleccións locais de 2007 encabeza a lista do PP, e é elixido alcalde con maioría absoluta, resultado que revalida nas locais de 2011 e de 2015.

  • X

    JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO

    Naceu en Redondela en 1972, é licenciado en Dereito e cun máster en asesoría xurídica de empresas.

    Concelleiro do PP en Redondela desde 2007 e deputado provincial polo partido Xudicial de Vigo desde 2011 ata o 2012, en 2013 recibe a acta de deputado no Parlamento de Galicia.

    Desde decembro de 2013 é Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

    En maio de 2016 foi elixido coordinador de organización do PP de Galicia.

  • X

    MARIÁN GARCÍA MÍGUEZ

    Naceu en Vigo en 1972. É Licenciada en Psicoloxía Clínica e xestora e directora de proxectos sociais para diferentes asociacións e entidades.

    Presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo, foi concelleira no Concello de Vigo entre 2011 e 2015.

    Desde marzo de 2016 forma parte do comité executivo do PP de Pontevedra, no que é coordinadora de Políticas Sociais e Igualdade.

Deputados Nacionais

  • X

    TOMÁS FOLE

    Naceu o 28 de xaneiro de 1965.

    É licenciado en Ciencias Empresariais pola USC.

    Máster en Auditoría de Empresas.

    Asesor fiscal entre 1993 e 2003.

    Presidente local do PP de Vilagarcía de Arousa. Foi alcalde de Vilagarcía desde 2011 a 2015.

  • Quen somos