O Partido Popular crítica que outra vez máis o Concello tarde en retirar o lixo tras un evento como o entroido da Bandeira

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular crítica que outra vez máis o Concello tarde en retirar o lixo tras un evento como o entroido da Bandeira

    • Non pode ser que o lixo continúe unha semana despois dunha celebración dun evento.
    • O Partido Popular crítica a falta de sensibilidade do Concello tendo en conta que o CEIP e o Pabellón seguiron con actividade durante estas semanas.
    • Non e un feito aillado, xa o denunciamos varias veces tralo San Cristovo, a festa da Empanada,…
    • Están a outras cousas e mentras tanto os veciños sufren as consecuencias.

     

    Silleda, 13 de marzo de 2019.- O Partido Popular de Silleda criticou que o Concello tardase máis dunha semana en retirar os restos de carrozas e lixo acumulado trala celebración do entroido da Bandeira. “É vergonzoso que o Concello deixase alí tirados ata este mércores os restos, e non fixese nada durante máis dunha semana, a pesares de que sabían que no pabellón e no seu entorno seguía habendo actividade.”

    Os populares recordan que ademáis durante todo este tempo no CEIP Ramón de Valenzuela sigueuse coa actividade normal, co trastorno que estes refugallos causaron durante todos estes días tanto os pais como os rapaces, ante a pasividade do Concello.

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, recordou que este feito non e algo aillado. “Xa protestamos en diversas ocasións o longo desta lexislatura sin que o Alcalde tomara ningunha medida, non pode ser que o Concello deixe o lixo durante días sen facer nada en sitios como a praza da feira trala celebración do San Cristovo oque supón un risco para os rapaces que van o parque, ou mesmo na carballeira trala celebración do folk como fai dous anos. Dalles igual todo e se non e polas queixas dos veciños seguirían alí durante semanas o que e lamentable.”

    Dende o Partido Popular reclamaron novamente que se faga un plan de limpeza específico trala celebración de este tipo eventos, “Non teñen que inventar nada novo con facer o que se facía, ou atender as demandas que lle fixemos e máis que suficiente, sen embargo xa sabemos que estas cousas non lle interesan, eles están a outra cousa, e mentras tanto os veciños sufrindo as consecuencias.” 

Add comment


Security code
Refresh