Alfonso Rueda destaca o compromiso e o traballo dos candidatos “gañadores” ás Alcaldías da comarca de Ulla-Umia

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda destaca o compromiso e o traballo dos candidatos “gañadores” ás Alcaldías da comarca de Ulla-Umia

     

    Caldas de Reis, 22 de febreiro de 2019.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou esta tarde en Caldas aos candidatos ás Alcaldías da comarca de Ulla Umia.

    Un acto  no que puxo en valor a capacidade de xestión seria e eficaz de todos eles, a súa cercanía aos veciños e o seu coñecemento dos concellos. “Todos son candidatos gañadores, integradores e con proxectos claros para o conxunto dos cidadáns”, destacou Rueda, nunha cita á que asistiron 400 persoas.

    O presidente provincial puxo en valor a unidade e a estabilidade do PP, unha marca “recoñecible e fiable que sabe o que é gobernar desde o primeiro día”, frente aos “aventureiros” que aínda están buscando candidato ou non saben se van presentarse ás eleccións. Neste sentido aproveitou a cita de Caldas para apostar por un cambio de rumbo neste Concello en mans dun goberno canso e desgastado.

    Rueda, por último, confiou en acadar un magnífico resultado nesta comarca na cita do 26 de maio e tamén nas eleccións xerais que se celebran 28 de abril. “Polo traballo e o compromiso de todos non vai quedar”, remarcou.

Add comment


Security code
Refresh